Os erros máis comúns en ecommerce, a debate nunha xornada na Coruña

Erros x aprendizaxes

‘Erros x Aprendizaxes-Ecommerce Day’ é o título da xornada que terá lugar este 29 de marzo en Palexco


FELIPE VIEIRA


Erros X Aprendizaxes-Ecommerce Day é o nome da xornada que organizan conxuntamente o Clúster da Comunicación de Galicia e o Clúster do Ecommerce Galego. O evento celebrarase este mércores 29 de marzo a partir das 09.45 horas en Palexco (A Coruña) e porá o foco en analizar diferentes prácticas vencelladas ó comercio electrónico.

A iniciativa porá o foco nos erros máis comúns que se cometen no eido do comercio electrónico, para poder divulgar aprendizaxes a partir deles

Esta xornada de ecommerce concíbese cun enfoque distinto ao habitual. Por norma xeral, este tipo de foros adoitan centrarse nos casos de éxito e obvian que, para chegar a este punto, os profesionais cometeron moitos erros. Estas prácticas pouco apropiadas serán precisamente o obxecto da xornada, sempre partindo da base de son estes erros os que tamén axudan a aprender e son clave para mellorar, o que redundará na optimización das técnicas de ecommerce por parte das empresas participantes.

Programa e inscricións

O programa inclúe a participación de profesionais de marcas de referencia no seu sector, como Zapaterías Krack, Miramar Cruises ou Platanomelón, así como con expertos cunha ampla experiencia no ámbito dos ecommerce e marketplace: Marta Calvo, consultora freelance en márketing e vendas con experiencia en Coches.Net ou Milanuncios, entre outros. E Nacho Comisaña, con experiencia nos ecommerces de El Corte Inglés, Hawkers ou Mapfre, entre outros. Tamén participará na xornada a cofundadora de Smart Agile, Carmen Salvador.

Os interesados en inscribirse nesta xornada de ecommerce poden facelo a través da web do Clúster do Ecommerce Galego. Os socios desta entidade ou do Clúster da Comunicación de Galicia poderán acceder de balde, mentres que a entrada para o resto dos profesionais terá un custo de 36 euros. Ademais, a xornada inclúe un cóctel para os asistentes que desexen aproveitar a ocasión para facer networking.

Palexco e Dinahosting son patrocinadores desta iniciativa, na que tamén colaboran Markea, Startup Galicia e Bushido.

Artículo anterior
Estudio sobre branding en España

A Coruña acoge la presentación de un estudio sobre el branding en España

Siguiente artículo
Total Print Congress

Las tendencias actuales en diseño e impresión, en Total Print Congress