Márketing B2B orientado ás vendas, tema dun novo afterwork

Márketing vendas
Foto: Adobe Stock

O coordinador de márketing en Visual Trans, Lois Vázquez, impartirá o afterwork o próximo 20 de abril


REDACCIÓN


A sede do Círculo de Empresarios de Galicia (Vigo) acollerá o vindeiro 20 de abril unha nova sesión dos afterworks Marketing & Comunicación que organizan Markea e mailo Clúster da Comunicación de Galicia. O encargado de impartir a charla, baixo o título Como crear unha estratexia de márketing B2B orientada ás vendas será o coordinador de márketing en Visual Trans, Lois Vázquez, que explicará como poñer en marcha dita estratexia partindo de cero e as principais accións e métricas máis relevantes para garantir o éxito.

Os interesados en asistir deben formalizar o rexistro na web. Os socios do Clúster poderán participar de balde nesta sesión, ao igual que os socios de Markea ou do Círculo de Empresarios de Galicia. Doutra banda, a entrada para o resto dos asistentes terá un prezo de oito euros. O evento comezará ás 19:30 horas e haberá un pequeno aperitivo para os que asistan.

Vendas sostibles e humor como arma na xestión de crise, entre os temas dos afterworks

Os afterworks Marketing & Comunicación celébranse no Círculo de Empresarios de Galicia, en Vigo, dende o mes de febreiro. O primeiro en impartir unha sesión foi o CEO de 2bedigital, Pablo Borrás. Baixo o título Como vender de forma rendible e sostible por Internet, os asistentes puideron coñecer a segmentación e unha visión holística das ferramentas publicitarias, dous aspectos clave á hora de xestionar a rendibilidade e sostibilidade dos ecommerce.

Ademais, trala sesión impartida por Pablo Borrás, o Círculo de Empresarios de Galicia acolleu no pasado mes de marzo outra sesión, neste caso correu a cargo de Isaac González, creativo publicitario en Recados Carmen e socio e director de Marketing en ReiZentolo. Durante o relatoiro, González falou sobre o humor como arma de comunicación na xestión de crise.

Artículo anterior
David Rodríguez refuerza el servicio técnico de Heidelberg

Heidelberg Spain refuerza la dirección de su servicio técnico

Siguiente artículo

Avante desembarca en Canarias