O CEO de 2bedigital impartirá o primeiro afterwork Marketing & Comunicación

O Círculo de Empresarios de Vigo acolle esta tarde a sesión do CEO de 2bedigital, Pablo Borrás, sobre e-commerce


REDACCIÓN


Os afterworks Marketing & Comunicación volven hoxe, 23 de febreiro, ó Círculo de Empresarios de Galicia, en Vigo. Da man do CEO de 2bedigital, Pablo Borrás, o foro arrancará ás 19:30 horas baixo o título Como vender de forma rendible e sostible por Internet e os asistentes poderán coñecer a segmentación e unha visión holística das ferramentas publicitarias, dous aspectos que son clave para xestionar a rendibilidade e a sustentabilidade dos e-commerces.

Compartir experiencias, ampliar coñecementos no ámbito do márketing e a comunicación e, sobre todo, aumentar e fortalecer a rede de contactos profesionais son os obxectivos dos afterworks que organizan o Círculo de Empresarios de Galicia, o Clúster da Comunicación de Galicia e Markea. Ademais, neste ano a idea é combinar a organización dalgúns foros online con outros presenciais, co fin de dar cobertura ás necesidades dos distintos públicos.

Foto: Jorge Landín

Os interesados en asistir ó foro deben inscribirse previamente a través da web habilitada para os afterworks Marketing & Comunicación. A entrada é gratuíta para os socios do Clúster da Comunicación de Galicia, Markea e do Círculo de Empresarios de Galicia, mentres que o prezo é de 10 euros para o resto dos asistentes.

Unha axencia en pleno crecemento

A axencia 2bedigital é responsable da xestión de e-commerce de marcas como Gioseppo, Calzados Vitoria ou Pikolinos, de Martinelli. A compañía atópase nun momento de crecemento claro. “Estamos a vivir unha época de cambios moi importantes no mundo dixital. GA4, eventos de píxel, limitacións na xestión da data e, como non, o metaverso”, explica Pablo Borrás durante unha entrevista en Rúbrica. “Temos que estar preparados para o que vén e iso só se consegue con formación e práctica”, engade.

Artículo anterior
ARCO Madrid 2023

Arranca ARCOmadrid 2023 con gran presencia de galerías internacionales

Siguiente artículo

El cambio sostenible, a debate en el II Congreso EDA