A presentación da nova folla de ruta para os contratos públicos celébrase este venres 22 de setembro
MARÍA EIMIL
A Xunta presenta este venres 22 de setembro un documento que recolle os novos requirimentos técnicos e de sostibilidade para as empresas que asinen contratos co goberno galego. Trátase da Guía de contratación pública ecolóxica de Galicia, de recente creación e que inclúe todo o que as compañías coas que traballan deben ter en conta en materia de sostibilidade.
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, será a encargada da presentación do evento, que arranca ás 11:30 horas no hall do Museo-Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, e que terá unha duración duns 50 minutos.
A nova guía de contratación pública recolle requirimentos técnicos e de sostibilidade
Sostibilidade, eixo da nova guía de contratación
A nova guía de contratación aborda asuntos de interese para todas aquelas empresas que realizan contratos públicos coa Xunta e xira en torno a sostibilidade. Deste xeito, recolle unha serie de requirimientos en ámbitos como os edificios e inmobles, e máis concretamente todo o que ten que ver coa iluminación e suministración de enerxía eléctrica; o papel e os equipos informáticos nas oficinas; a mobilidade; o mantemento; a alimentación e mailo servizo de restauración; a organización de eventos; e o téxtil.
No ano 2019 aprobouse o Plan de Contratación Pública Ecológica de la Administración General del Estado que responde a necesidade de incorporar criterios ecolóxicos na contratación pública, o que permite as administracións fomentar e contribuír ós obxectivos de sostibilidade económica e medioambiental.
Este documento establece unha serie de retos, entre eles a necesidade de promover os servizos co menor impacto medioambiental e que garantan un uso máis racional dos fondos públicos. Ademais, determina un grupo de 20 bens e servizos prioritarios, en liña cos criterios de contratación ecolóxica da Unión Europea.