Renfe renderá homenaxe a Luísa Villalta polo Día das Letras Galegas

Imaxe dos repousacabezas que homenaxean a Luísa Villalta. Fotos: Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Os trens do Servizo Público de Galicia destacan a figura da escritora para conmemorar a efeméride


REDACCIÓN


O secretario xeral da Lingua, Valentín García, xunto cos xerentes da área de Servizo Público e de Prestacións de Servizos de Renfe en Galicia, Alberto Martínez e Moisés Durán, respectivamente, presentaron esta semana na Coruña as accións acordadas para a promoción da figura de Luísa Villalta, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano.

O representante do departamento de Lingua da Xunta destacou a visibilidade e a proxección que esta colaboración con Renfe, que se vén realizando dende hai uns anos, lle dá á celebración do 17 de maio, día de conmemoración literaria en Galicia. Unha data sinalada do calendario cultural, que este ano poñerá o foco de atención sobre a figura de Luísa Villalta, escritora coruñesa que fixo da pluma a súa arma segreda. Poesía, narrativa, teatro. Ningún xénero se resistiu a unha autora que cultivou outras moitas facetas culturais, como a música.

O Día das Letras Galegas poñerá o foco de atención sobre a figura de Luísa Villalta, escritora coruñesa que fixo da pluma a súa arma segreda

Para homenaxear a curta pero prolífica traxectoria profesional de Villalta, representantes da Xunta de Galicia e de Renfe decidiron divulgar a súa imaxe nos repousacabezas dos trens de alta velocidade que realizan traxectos de Media Distancia e Avant entre A Coruña, Santiago e Ourense; e entre Vigo, Santiago e A Coruña.

Ao respecto, Valentín García puxo en valor este tipo de iniciativas visuais en espazos polos que transita tanta xente, xa que se amosou convencido de que espertarán o interese das e dos viaxeiros pola autora, así como por coñecer máis en profundidade a súa obra.

Carteis gañadores do Concurso das Letras Galegas

Esta campaña ten como obxecto fomentar a cultura e a lingua galega, así como os desprazamentos en ferrocarril, medio de transporte comprometido coa sustentabilidade, á vez que eficiente e seguro.

Pero máis alá dos repousacabezas, Renfe exporá nos seus espazos de información a viaxeiros de diferentes estacións os carteis gañadores do Concurso das Letras Galegas, correspondente á categoría de Educación Secundaria.

Artículo anterior

RYOBI arranca su nueva campaña de televisión con Avante a los mandos

Siguiente artículo

'Alegría de vivir', claim de la nueva campaña de RadioVoz