Coreti, entidade patrocinadora de Design can change the world

Coreti

Design can change the world inaugurouse o pasado 3 de febreiro


FELIPE VIEIRA


Na permanente procura por acompañar aos creadores e a innovación no seu sector, a Coreti gústalle transferir estes valores ao papel ofrecendo aos usuarios outro xeito de rematar e ver os seus propios deseños para acadar novos límites. Por este motivo, a marca estivo presente en calidade de entidade organizadora na exposición Design can change the world, que se celebrou na capital de España no marco do Madrid Design Festival 2022. Alí, Coreti amosou algunhas das súas producións máis innovadoras.

Avery Dennison e Supperstudio organizaron a exposición Design can change the world, inaugurada o pasado 3 de febreiro, para inspirar a outras marcas a construír con valores. Tratouse dun proxecto innovador que se celebrou no marco do Festival OFF do Madrid Design Festival e que contou coa participación de coñecidos ilustradores que destacan polo seu peculiar estilo propio á hora de contar historias. Entre eles,  estiveron Xoan Viqueira, José A. Roda ou Rosemarie e tamén houbo espazo para fotógrafos do panorama editorial como Antón Goiri e de persoeiros do mundo gastronómico como Paco Arará. Ademais, na exposición participou Javier Sánchez Medida, artesán español.

No marco desta exposición, Coreti amosou algunhas das súas producións

A exposición concibiuse coma un convite a deseñar dun xeito diferente. Paco Adín, director creativo de Supperstudio, sinalou a El Publicista que “os consumidores queren marcas comprometidas que fagan deste mundo un lugar mellor”. O futuro está nas empresas que realmente crean conciencia. As marcas non poden permanecer indiferentes ante os retos da sociedade. Cada vez se mollan máis, porque fai falla coraxe para construír unha marca comprometida”.

Materiais sostibles

Á hora de construír unha marca, todos os xestos contan, por iso todos os materiais seleccionados para se exhibiren no foro foron sostibles. “Todas as etiquetas están feitas con fibras certificadas pola FDC e residuos orgánicos, co que, ademais de sumarnos á economía circular, reducimos a pegada de carbono e o impacto enerxético”, explicou Miguel García BDM Wine&Spirits de Avery Dennison tamén a El Publicista.

Madrid Design Festival

Do 15 de febreiro ao 13 de marzo, Madrid acolleu a quinta edición do festival internacional Madrid Design Festival, convertendo a cidade na capital do deseño e situándoa nun lugar privilexiado no contexto internacional. Un evento que acolleu exposicións, encontros, obradoiros e relatorios, cun amplo programa de actividades no que participaron deseñadores, especialistas e profesionais do sector.

Design can change the world foi organizada por Avery Dennison e Supperstudio

O festival centrouse no tecido do deseño local e nacional de Madrid, coa colaboración de institucións, marcas, empresas, museos e espazos da cidade e amosou unha panorámica do mellor deseño madrileño e nacional. Ademais, puxo en valor a súa capacidade de resolución.

Un ano máis, deuse pois visibilidade ao talento creativo nacional e internacional, con 41 exposicións, sete instalacións, 219 actividades e a participación de 637 profesionais.

Artículo anterior
Yolanda Pazos

Yolanda Pazos: “Trabajo mucho de persona a persona centrándome en la parte social, emocional y relacional”

Siguiente artículo
FC Barcelona

El diseño tras las camisetas de fútbol: FC Barcelona