Flúor organiza unha xornada pop-up sobre márketing e influencers

O famoso congreso Flúor volve en formato Pop-up para falar sobre márketing e influencers nunha xornada híbrida, que terá lugar este mércores 26 de outubro ás 10:00 horas


REDACCIÓN


O Congreso Atlántico de Márketing Dixital Flúor volve a reunir a algúns dos mellores profesionais do sector en Galicia, pero esta vez nun formato pop-up, unha única xornada híbrida onde o protagonista será o márketing de influencia. O lugar e hora do encontro presencial será no local Estrella Park, en Marineda City (A Coruña) ás 10:00 horas. Tamén poderá seguirse en liña a través da páxina oficial da xornada.

Este evento trata de amosar un punto de encontro entre marcas, creadores de contido e expertos para abordar a relación entre os profesionais do márketing e os influencers. É crucial coñecer e dominar esta nova forma de comunicar, utilizando o márketing de influencia como ferramenta para informar, conectar e transmitir os valores da marca.

Por este motivo, Flúor e o Clúster da Comunicación organizan esta xornada, que conta con Las-Dos e Bushido Talent como socios estratéxicos, ademais de contar coa colaboración da Deputación da Coruña, Marineda City, Estrella Park, Markea e o Clúster do Ecommerce Galego; cofinanciado por IGAPE e o Xacobeo 21·22.

Programa

A estrutura da xornada comezará coa presentación ás 10:00 h da man do cómico e creador de contido Pablo Meixe. A primera intervención tratará sobre un enfoque xeral sobre Influencer marketing para alcanzar os teus obxectivos, con Julia Muñiz, directora de márketing de Bushido Talent como relatora.

Despois de esta primeira intervención, poderemos escoitar as experiencias e consellos de dous casos de éxito. O primero baixo o nome de Influencers & LaLiga: unha combinación gañadora, co relatorio de Juliana Francini, ambassadors & talents coordinator LaLiga.

O segundo caso de éxito será o de Adolfo Domínguez, no que intervendrá Carlos Arjiz, director de comunicación da marca galega.

Este evento trata de amosar un punto de encontro entre marcas, creadores de contido e expertos

Despois da pausa café, ás 12:20 h será o momento da intervención de Alexander Sasieta, coordinador da área de comunicación e márketing dixital de Ecoembes, nun relatorio baixo o nome de Márketing de influencia. Maneiras de uso dos “novos” creadores de contifo para facer chegar a túa mensaxe a unha audiencia difícil de impactar.

Manuel Lanchazo, general manager e CMO de Biwenger, será o protagonista da seguinte intervención, titutlada Novos canais, novos mercados e novos poderes.

A xornada rematará cunha mesa redonda moderada por Pablo Meixe, onde participarán Xurxo Carreño e Pepe&Lucas, creadores de contido. Finalmente, terá lugar un brunch-networking ás 14:00 h.

A asistencia (presencial ou en liña) é totalmente gratuíta, tan só é necesario completar unha pequena ficha de contacto na páxina de Flúor pop-up.

Artículo anterior

El bosque gallego se transforma en superhéroe en la nueva campaña del Clúster Biomasa de Galicia

Siguiente artículo

O 'Galiverso': unha experiencia de realidade virtual para coñecer o patrimonio galego