Os Bonos Activa Comercio impulsan o comercio local

Imaxe: Xunta de Galicia

Os consumidores co Bono Activa Comercio dispoñen dun desconto de 30 euros para gastar nos locais adheridos


CARLOS B. TORRADO


Os establecementos de proximidade puideron sumarse á iniciativa Bonos Activa Comercio ata o 30 de novembro e os consumidores poden gastar estes cupóns ata o 31 de decembro deste ano. Toda a información relativa a como facelo está incluída na web www.bonosactivacomercio.gal.

Esta medida pretende mobilizar máis de 17 millóns de euros impulsando as compras locais de proximidade e trátase da segunda acción de características similares, tras unha primeira edición da que se beneficiaron 230.000 clientes. Cada persoa interesada en participar nela disporá dun desconto de ata 30 euros para realizar compras nos comercios adheridos. Unha medida que resultou nun éxito total, xa que os bonos esgotáronse en tres días, con un total de 166.000 beneficiarios.

Imaxe: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, busca con esta iniciativa incrementar o fortalecemento do comercio local. Para iso, destina cinco millóns de euros a esta segunda edición do programa de dinamización e reactivación comercial.

Este programa impulsado pola Xunta de Galicia súmase ás distintas liñas de axudas específicas para o comercio galego

Os bonos posúen un formato dixital QR e están dispoñibles para a súa utilización nunha aplicación móbil. O importe irase reducindo en función do valor da compra.

Imaxe: Xunta de Galicia

Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalle un desconto de cinco euros. A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto acadará os 15 euros. O período de validez dos bonos estenderase durante varias semanas, salvo esgotamento previo do seu saldo.

A iniciativa Bonos Activa Comercio pretende, pois, continuar estimulando as vendas, sobre todo no pequeno comercio, e incrementar o fortalecemento e a reactivación económica do comercio retallista, contribuíndo a paliar o impacto da actual situación económica, sobre todo tras a crise provocada pola Covid-19.

Distintas liñas de axuda específicas

Este programa impulsado pola Xunta de Galicia súmase ás distintas liñas de axudas específicas para o comercio galego promovidas pola Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, centradas en eidos como a transformación dixital e a modernización do sector, así como para a dinamización e o incentivo ao consumo a través dos centros comerciais abertos e federacións de comerciantes e o impulso das prazas de abastos.

Na citada web www.bonosactivacomercio.gal pódese consultar un vídeo tutorial sobre como acceder a estas axudas, que explica polo miúdo o funcionamento dos bonos. Ademais, explícase a través de gráficas e con sinxelos pasos a operativa da iniciativa.

O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Francisco Conde, asegurou que “oi obxectivo é axudar á economía das familias aliviando o impacto da inflación na capacidade de gasto dos fogares galegos”.

Artículo anterior

Pantone elige a Viva Magenta como su Color del Año 2023

Siguiente artículo

Ratas con Faca: “O bo deseño aporta criterio e coherencia a unha marca”