Lisboa acollerá en outubro o congreso de ASPACK

Imaxe: Adobe Stock

A Asociación Española de Envases, Embalaxes e Transformados de Cartón (ASPACK) escolleu a capital lusa para celebrar o seu foro neste 2022


FELIPE VIEIRA


A inscrición para o X Congreso da Asociación Española de Envases, Embalaxes e Transformados de Cartón (ASPACK) está xa aberta, e pode efectuarse a través desta ligazón. O foro de referencia para a industria española dos envases de cartón celebrarase este ano na capital portuguesa, Lisboa, entre os vindeiros 20 e 22 de outubro.

Baixo o lema “Deixa entrar a luz“, esta edición do congreso centrarase en axudar a que a luz entre nas empresas da asociación e as persoas que nela traballan para axudar a que o envase ilumine o sentido do produto do cliente; abrirse ás novas ideas das novas xeracións; axudar ao planeta aplicando conceptos de sostibilidade ou procurar que a igualdade de xénero sexa normal e integre a visión feminina nas empresas, entre outros obxectivos.

ASPACK
Imaxe: ASPACK

Cara á un sector máis concienciado cos retos actuais

ASPACK quere acompañar ás empresas na transición cara a un sector máis concienciado para dar resposta a todos e cada un dos novos retos actuais. O foro terá lugar no hotel Myriad by Sana de Lisboa e nel, durante tres días, desenvolverase unha programación do máis interesante e completa para todos os asistentes.

A  xornada rematará cunha presentación sobre a situación do sector da fabricación de envases de cartón a nivel europeo

Na apertura do congreso participará o presidente de ASPACK, José Ramón Benito e o presidente de APIGRAF Portugal, José M. Lopes de Castro. Tamén participarán Anselmo Vilardebó, de Seda Ibérica e Josep Mª Berga, de Alzamora Cartón Packaging, que ofrecerán a súa visión persoal do mercado de envases de cartón español e portugués dentro do panel de experiencias colaborativas.

A  xornada rematará cunha presentación sobre a situación do sector da fabricación de envases de cartón a nivel europeo e as tendencias futuras, a cargo de Mike Turner, director xeral de ECMA – European Carton Makers Association. .

Xornada do venres

O venres, Ignacio Mezquita Pérez-Andújar, subdirector xeral de Investimentos Exteriores do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, presentará “A onde imos? Unha visión global da economía“. A continuación, desenvolverase unha mesa redonda formada por Sabrina Alfonso, de Karbest, Patricia Berga e Ferran Berga, de Alzamora Cartón Packaging e Mª Carmen Cerdá, de Gráficas Beyco.

ASPACK tamén convidou ao Colexio Hogar Afundación Salesianos de Vigo a presentar un estudo do grupo focal sobre a percepción dos envases de cartón entre os futuros consumidores. E Nuria Casal, profesora de FP de Artes Gráficas do Colexio Hogar Afundación Salesianos de Vigo, presentará “A Cociña Gráfica: formación, técnica e imaxinación”, que explicará o que se está a facer dende as escolas para achegar novos talentos ao sector. A xornada do venres completarase con diferentes charlas e coloquios, cuxos títulos se poden consultar no programa completo do foro.

Asemblea Xeral

Xa na xornada do sábado, haberá tempo para o networking a través dunha actividade específica. Ademais, durante o foro, celebrarase a a Asemblea Xeral de ASPACK, momento no que se debaterán todos os proxectos que a asociación ten en marcha, de forma aberta e participativa.

Artículo anterior

Redegal se une al programa de socios de agencias de BigCommerce

Siguiente artículo

¿Sabes qué ciudad mediterránea rebosa diseño?