Combo Infinito

Novas incribles do Combo Infinito: o humor protagoniza a última campaña de R

Quatto idcp imaxina historias incribles e hilarantes para a nova campaña de R


REDACCIÓN


As novas incribles do Combo Infinito R contan historias de escándalo como a de Benito Patiño, que “desaparece 10 días no baño cos seus GB ilimitados”, a do estudante que logra a proeza de “sacar a carreira de médico vendo titoriais” ou a da familia que “fai voto de silencio para evitar spoilers”, e da que, loxicamente, no hai declaracións.

A campaña inspírase nos códigos da prensa máis sensacionalista e satírica para detallar os beneficios dos produtos de R en clave de humor

NICI 24h é o nome do noticiario creado por quattro idcp para divulgar estas novas incribles, nas que unha presentadora dá paso a un reporteiro que entrevista aos familiares dos protagonistas dos curiosos sucesos motivados polas novas promocións da operadora de telecomunicacións R.

A gráfica da campaña, tanto para as aplicacións OFF como ON, traballouse cunha estética propia deste tipo de medios

En clave de humor

Así, a campaña do Combo Infinito R inspírase nos códigos da prensa máis sensacionalista e satírica, tanto a nivel estético como no estilo de redacción, para captar a atención do usuario e detallar os beneficios dos produtos en clave de humor.

A gráfica da campaña, tanto para as aplicacións OFF como ON, traballouse cunha estética propia deste tipo de medios, a dúas tintas, con grandes titulares e noticias moi efectistas e fáciles de descifrar. No resto das aplicacións, quattro adaptou a idea para sacarlle o máximo partido a cada formato. Desta maneira, en YouTube a campaña transfórmase nun telexornal, e na radio, as cuñas simulan ser un noticiario radiofónico.

Artículo anterior
II Premios Galicia de Innovación

Llegan los II Premios Galicia de Innovación y Diseño

Siguiente artículo
Cocoon

Cocoon + Air-Ink: una combinación ganadora