A sostibilidade aplicada ao deseño protagoniza as xornadas Apertura da EASD Mestre Mateo

Os relatores e relatoras das xornadas Apertura da EASD Mestre Mateo compartiron co alumnado experiencias e coñecementos nas súas diversas áreas profesionais


REDACCIÓN


As xornadas Apertura da EASD Mestre Mateo, celebradas a finais de outubro en Santiago de Compostela, afondaron na sostibilidade aplicada ao deseño como valor de futuro. Os relatores e relatoras compartiron co alumnado experiencias e coñecementos nas súas diversas áreas profesionais.

O colectivo Basurama falou de creatividade, investigación e produción cultural e medioambiental no contexto da sostibilidade e da conciencia social

Brais Lorenzo, fotoxornalista e documentalista, presentou o seu proxecto “Habitar o baleiro”, unha emocionante mirada sobre a despoboación e a vellez no contexto actual do rural galego. A CEO de Cholita, Gema Neira, explicou o proceso de upcycling do material conglomerado a partir de restos plásticos que usa na produción da súa marca de moda e mobiliario urbano.

Sostibilidade e conciencia social

O colectivo Basurama falou de creatividade, investigación e produción cultural e medioambiental no contexto da sostibilidade e da conciencia social, baixo a premisa de que reutilizar é significar sobre o lixo como concepto. Por último, o artista Mauro Trastoy, creador de esculturas e obxectos artesanais a partir de materiais téxtiles, fixo un percorrido pola súa traxectoria en distintas disciplinas artísticas e do deseño.

A artista gráfica Adela Vázquez Veiga realizou un memograma sobre o evento

Un ano máis, o Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade – DIFERENZA da Axencia Galega de Innovación, coa colaboración da Fundación DIDAC, coorganizou esta cita anual no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

O Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – Diferenza é un programa da Xunta de Galicia promovido a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN).

Artículo anterior

Caja Roja de Nestlé estrena su imagen más apetecible en Gran Vía

Siguiente artículo

A Xunta aumenta nun 46 % as axudas para a incorporación do deseño nas pemes galegas