Un afterwork analizará as claves para revitalizar unha marca da man de Ruavieja

A directora de Marcas de Pernod España, María Prados, tomará como exemplo o márketing de Ruavieja


REDACCIÓN


A compañía de licores Ruavieja será a protagonista do novo afterwork do Cluster da Comunicación de Galicia, Dircom, Markea, Creatividade Galega, o Círculo de Empresarios de Galicia e Dinahosting. Os temas a abordar nesta sesión, que se celebrará este mércoles 19 de xaneiro ás 19:30 horas e que estará financiada polo Igape, son o márketing e comunicación.

A directora de Marcas de Pernod Ricard España, María Prados, será a encargada de impartir unha charla na que se conversará sobre algúns dos ingredientes clave para revitalizar unha marca madura: dende o produto ou o packaging á comunicación. Xunto a isto, abordarase tamén a importancia de seguir atraendo consumidores sen renunciar á esencia da marca. As inscricións poden realizarse a través do seguinte enlace.

Pernod Ricard España é a filial española do grupo francés que aglutina diferentes marcas de bebidas alcohólicas, tales como Chivas Regal, Seagram’s, entre outras.

Pasar tempo xunto aos seres queridos

A historia de Ruavieja remóntase ao ano 1889, cando a familia viticultora Rodríguez Ovalle puxo en marcha esta empresa de licores e augardentes en Santiago de Compostela. Non foi ata 2017 cando tivo lugar o lanzamento da campaña de Leo Burnett ‘Temos que vernos máis’, coa que Ruavieja defendeu a importancia de manter vínculos emocionais máis aló das redes sociais. Tamén foi unha chamada á necesidade de coidar o que de verdade importa. Ademais, a marca non se quedou aí, senón que lanzou unha ferramenta que calculaba canto tempo iamos pasar cos nosos seres queridos. A predición, baseada no comportamento, cruzaba os datos estatísticos de esperanza de vida do INE cos que facilitaba a persoa e chegaba a unha conclusión aproximada.

Ese ‘temos que vernos máis’ converteuse nun ‘temos que vernos mellor’ na campaña do 2021, unha mensaxe coa que invitaba a pasar tempo de calidade xunto aos seres queridos.

Artículo anterior
madeira

A Xunta impulsa o uso da madeira galega como elemento para o deseño

Siguiente artículo
Ophiusa

Juegos de mesa de diseño para enseñar la historia de Galicia