Esta acción reinterpreta a marca por parte de 12 ilustradores galegos actuais, tanto consagrados como emerxentes
REDACCIÓN
A axencia creativa dixital da Coruña, Nasas, é a autora da acción Tirabeque elaborada para Gadis para celebrar o Día das Letras Galegas 2023. Trátase, principalmente, da elaboración dunha publicación en formato fanzine onde se recollen a reinterpretación da marca por parte de 12 ilustradores galegos actuais, tanto consagrados como emerxentes. Unha recompilación única con obras especialmente elaboradas para a ocasión e da que se repartiron máis de 30.000 exemplares nos establecementos da marca.
A acción contou cunha campaña de intriga que levou cadernos coa imaxe e co nome do misterioso fanzine ás escolas de arte e deseño de Galicia e tamén a cartaces de vilas e cidades galegas, con mensaxes crípticos e unha web cunha conta atrás que coincidía coa data de presentación do fanzine Tirabeque. Ademais, na web da acción pódese descargar a publicación en formato dixital e participar no sorteo de lotes de fanzine, camiseta e caderno coa marca Tirabeque.
Cultura contemporánea e creatividade
A acción que este ano desenvolveron desde Nasas para Gadis con motivo do Día das Letras Galegas sitúase na senda iniciada hai dous anos con “15 voces da nova poesía galega”, unha antoloxía poética que reunía a poetas e artistas galegos unha publicación orixinal, e “Versos na rúa”, a acción coa que versos e fragmentos de obras de recoñecidos autores galegos chegaron a concellos de todo o país. Estas iniciativas serven para amosar o compromiso da marca coa cultura galega e con aquelas persoas que a están a desenvolver agora mesmo.