Tahona premia aos clientes que teñan un nome galego

Uxía

A cadea de panaderías Tahona lanza a campaña con motivo do Día das Letras Galegas


MARÍA EIMIL


Uxía, Brais, Breixo, Antón ou Breogán. ¿Algún destes é o teu nome? Se a resposta é si (ou ben o teu tamén ten orixe galega) estás de sorte. A cadea de panaderías Tahona estrea unha campaña moi especial con motivo do Día das Letras Galegas, unha data que se celebra o próximo martes, 17 de maio. Segundo comunicou a propia compañía a través das redes, ofrece descontos a todos aqueles que teñan un nome galego.

«Porque toca defender o noso. Porque é unha boa oportunidade para festexalo!», indica a cadea de panaderías a través das redes sociais. Tamén explican que o obxectivo desta campaña é «defender o galego», algo que, eles mesmos recoñecen «require paciencia».

Innovadoras campañas con motivo do Nadal e o Entroido

Ademais da campaña de Tahona con motivo do Día das Letras Galegas, a súa aposta pola innovación tamén se puxo de manifesto en Nadal, cando apostou por proclamar as virtudes doutros produtos e o bo facer dalgunhas empresas da competencia, enxalzando os seus artigos. Elaborada pola axencia coruñesa Kindergarten, a campaña destacaba a calidade do roscón de Reis da confeitaría Glaccé ou os pasteis de Berna.

Berna

Uns meses despois, Tahona aproveitou o Entroido para disfrazarse «do que non é» e facer reflexionar sobre a importancia de apostar polas tradicións propias e evitar que se perda «aquilo que nos fai únicos». Con este obxectivo, a emblemática tenda de Tahona vestiuse durante uns días de The Supercool NY Bakery, unha cadea internacional de repostería industrial que podería estar en calquera cidade do mundo.

Artículo anterior
Estratividad CEAC

La agencia Estratividad ayudará al centro de formación CEAC a reposicionar su marca

Siguiente artículo
tacAENOR

TAC! recibe la certificación de calidad de Aenor