Santiago acollerá a gala de entrega dos Premios Galicia de Innovación e Deseño

Foto: Adobe Stock

O evento será o 21 de decembro no Hotel Monumento San Francisco


REDACCIÓN


O Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela, acollerá o próximo xoves 21 de decembro o acto de entrega dos premios da cuarta edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño. A gala comezará ás 18:30 horas e será unha homenaxe para as persoas e empresas “que marcan a diferenza a través da innovación e o deseño en Galicia”, segundo indican dende a Axencia Galega de Innovación (GAIN).

O evento será unha homenaxe “ós que marcan a diferenza a través da innovación e o deseño”

O acto contará coa asistencia de todos os finalistas, gañadores e gañadoras que foron seleccionados por profesionais de recoñecido prestixio nas seis categorías do certame.

Deseño e Innovación made in Galicia

No apartado do Deseño hai que distinguir entre ‘Profesionais’, ‘Talento emerxente’ e ‘Empresas’. A primeira das categorías está formada por persoas ou equipos de recoñecido prestixio no sector cunha traxectoria de alomenos cinco anos. Os finalistas son Álvaro Valiño, Tomás Alonso e Uqui Cebra. No mundo do Deseño, GAIN distingue entre ‘Talento emerxente’, deseñadores e deseñadoras de ata 35 anos cunha traxectoria profesional inferior a dez anos e entre eles se atopan Amalia Puga, Borja Regueiro e Ismael Velo. Por último, o apartado ‘Empresas’ está formado polas compañías xa consolidadas que incorporaron o deseño a súa traxectoria ao longo de, como mínimo, dez anos. Neste apartado foron seleccionadas Ascensores Enor, Costa Comunicación, Visual e Visual MS.

No apartado Innovación, GAIN distingue outras tres categorías: ‘Pequena e mediana empresa’, da que forman parte as pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos cinco anos; ‘Traxectoria innovadora’, na que se atopan os líderes empresariais e profesionais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose relevante; e ‘Grande empresa’, integrada por aquelas que destaquen por unha actividade innovadora ao longo de dez anos. Serán recoñecidas pola súa Innovación as empresas Centum Research&Technology, Mecanizados Rodríguez Fernández – MRF; e Texas Controls.

Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – Diferenza é un programa da Xunta de Galicia promovido a través da Axencia Galega de Innovación.

Artículo anterior

Nace la guía interactiva para los amantes del ciclismo

Siguiente artículo
Dépor

El Dépor y Feiraco rescatan la mítica camiseta verde del Superdépor