San Publicito, a gran festa da publicidade

San Publicito
Foto: Alba Diéguez

Hoxe celébrase o Día da Publicidade


FELIPE VIEIRA


Hoxe, 28 de xaneiro, celébrase o Día da Publicidade, coloquialmente coñecido no sector como San Publicito. Esta festa lígase orixinariamente á figura de San Pablo Apóstolo, cuxa conversión se conmemora o 25 de xaneiro. San Pablo foi elixido patrón da Publicidade por ser un dos apóstolos que predicou a palabra de Deus con maior eficacia e axudou a divulgala.

Avante Evolumedia propón a celebración dun vermú virtual e dun trivial publicitario

Tendo en conta este motivo, a finais de xaneiro, en concreto o último venres do mes, conmemórase o Día da Publicidade. Unha xornada de festa para todo un sector que se entrega á celebración poñendo en marcha iniciativas singulares e desenvolvendo ideas creativas que contribúan a por en valor este ámbito de actividade profesional.

Unha das ideas máis orixinais de cantas se desenvolven este ano promóvea Avante Evolumedia, en colaboración co noso Clúster, Extradixital.es, Creatividade Galega, TAC! Activando el recuerdo de tu marca e GREEN Mixology.

Confesar os pecados

Estas entidades unidas propoñen confesar e redimir os pecados dos participantes a través dun vermú virtual con música de DJ, no que se desenvolverá un trivial con preguntas sobre o sector. Para obter a bendición de #SanPublicitoGalicia2022, os interesados poden inscribirse a través da web de Avante. A cita terá lugar hoxe venres ás 13:00 horas.

Moitas das empresas do sector preparan sorpresas cada ano para conmemorar a efeméride

Un día festivo

As diferentes iniciativas que se celebran hoxe con motivo do día de San Publicito, segundo o convenio colectivo estatal para as empresas de publicidade. Así o indica o convenio: “O día 25 de xaneiro terá consideración de festa profesional e non laborable. Porén, a súa celebración, de non coincidir en venres, quedará trasladada ao primeiro venres laborable posterior á dita data”.

Artículo anterior

Sabes cal é o valor do deseño en Galicia?

Siguiente artículo
Ángeles Montecelo

Ángeles Montecelo: “Nuestros pilares son las personas, las ideas y las marcas”