Sabes cal é o valor do deseño en Galicia?

A DAG e GAIN analizan no Estudo da Economía do Deseño en Galicia o impacto do sector na comunidade autónoma


REDACCIÓN


Coñecer mellor a realidade do deseño galego e ofrecer as ferramentas adecuadas para identificar o seu impacto a nivel empresarial e económico, as súas oportunidades, puntos fortes e débiles co fin de afrontar o futuro con éxito son os principais obxectivos do Estudo da Economía do Deseño de Galicia, a primeira gran radiografía do sector elaborada pola DAG mediante un proxecto promovido pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN).

O informe forma parte do Programa Deseño Galego para a Innovación 2020 e nútrese dunha ampla mostra de todos os sectores que forman parte desta industria. Nas súas primeiras conclusións, o traballo dá moitas pistas sobre o peso que hoxe ten o sector do deseño en Galicia.

Realizado a partir dun denso traballo de campo cualitativo e cualitativo, na primeira fase de actuación implicáronse a empresas dos 15 clústeres de Galicia, e as empresas involucradas nas diferentes iniciativas e programas relacionados co deseño e coa innovación levados a cabo por GAIN, a Axencia Galega de Industrias Forestais (XERA) ou o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

O resultado desta radiografía non deixa lugar a dúbidas: o deseño xera riqueza, ata o punto de que se se deixasen de facer actividades de deseño estímase que a produción da economía galega podería caer case 2.000 millóns de euros en valor engadido e perderíanse máis de 42.000 empregos equivalentes a tempo completo, afirma o informe, no que participaron profesionais do deseño na comunidade galega.

O informe identifica as oportunidades e as problemáticas do sector

Por que é importante o deseño?

A investigación busca respostas sobre cuestións tan básicas, e a miúdo descoñecidas, como a necesidade que na actualidade teñen moitas empresas de contar co deseño nos seus plans estratéxicos.

Así, para unha análise clara e detallada, o estudo dividiuse en tres grandes bloques. O primeiro deles presenta o que se denomina a taxonomía do deseño, unha ferramenta muy útil para as empresas á hora de identificar “profesionais ou servizos de deseño”. Deste modo, establecénse seis disciplinas: deseño gráfico e comunicación visual, deseño dixital, deseño de procesos e organización, deseño industrial e de producto, deseño de espazos e deseño de moda.

O segundo bloque recolle as enquisas e as entrevistas feitas a empresas e profesionais do deseño e tamén a aquelas empresas que fan uso do deseño en calquera das súas especialidades. O terceiro e último bloque sinala os retos e as oportunidades do sector e a súa interrelación co resto dos sectores económicos.

Se se deixasen de facer actividades de deseño estímase que se perderían máis de 42.000 empregos equivalentes a tempo completo

Conclusións

O informe chega a diversas conclusións. Estas son algunas delas:

  • O deseño debe considerarse “clave” en calquera das políticas e programas para a recuperación da economía galega, xa que os seus servizos “son necesarios para que as empresas poidan medrar e competir”.
  • A información sobre o sector é esencial para o correcto desenvolvemento do colectivo. E por tanto, é importante difundir e facer chegar de forma adecuada a mensaxe.
  • Neste sentido, o Estudo da Economía do Deseño de Galicia, afirma que a comunicación é crucial para avanzar desde o punto de vista sectorial porque “as empresas precisan indicadores que lles permitan entender o potencial que ten o deseño como ferramenta aplicada ás súas necesidades, máis tamén demandan ferramentas para saber como contratar e medir o deseño” de aí, a importancia de traballar “a taxonomía de conceptos, especialidades, funcións e roles do deseño”.

Mapa do deseño galego

O estudo inclúe unha serie de ferramentas e recursos como o mapa de provedores do deseño galego, un catálogo en liña de profesionais, ou D-Tool, unha ferramenta para diagnosticar os usos do deseño en empresas e organización.

Artículo anterior
quitagrapas

Un ingenio de Canon, la pesadilla de las grapas

Siguiente artículo
San Publicito

San Publicito, a gran festa da publicidade