Retos e innovación no sector gastronómico e de eventos, a debate no vindeiro Meet-up Referentes Galegas

Executivas de Galicia organiza este encontro presencial o xoves 23 de setembro no Hotel Oca Puerta del Camino e reúne a catro mulleres referentes do sector


BEATRIZ G. CIBREIRO


Executivas de Galicia retoma as actividades presenciais cunha nova edición do programa Meet-up Referentes Galegas, un encontro que terá lugar o próximo xoves 23 de setembro a partir das 19:00 horas no Hotel Oca Puerta del Camino de Santiago de Compostela.

Nesta ocasión, o tema de debate reúne a catro mulleres referentes no sector da gastronomía e dos eventos, que analizarán a situación do sector, a súa adaptación ás novas circunstancias, aos novos modelos de negocio, tempo de recuperación ou o papel das mulleres no mesmo, entre outros temas.

Lucía Freitas, Isabel Neira, Ana García e Begoña Vázquez compartirán a súa experiencia nun evento único

As protagonistas deste Meet-up son Lucía Freitas, Ana García, Isabel Neira e Begoña Vázquez que contan con amplas traxectorias no seu sector e que, moderadas pola presidenta de Executivas, Carla Reyes Uschinsky, van a aportar unha visión interesante sobre as novas necesidades.

Así, para poder asistir ao encontro, que conta con prazas limitadas, é necesario facer a inscrición antes do 19 de setembro no seguinte enlace.

Unha vez finalizado o Meet- Up terá lugar un encontro networking con cóctel no propio hotel.

O prazo de inscrición neste Meet-up está aberto ata este domingo 19 de setembro e pode facerse a través da páxina web de Executivas de Galicia

Referentes participantes

No caso de Lucía Freitas, chef de A Tafona en Santiago, con numerosos recoñecementos e que dende o 2018 conta cunha estrela Michelin, destaca na súa traxectoria o segundo posto no concurso nacional “Cociñeiro do Ano” no 2016. O mesmo ano inicia o proxecto “Tomiño” en New York, co que deu o salto internacional da cociña galega máis tradicional e que en 2018 recibe o premio Bib Gourmand da prestixiosa Guía Michelin. Ademais de A Tafona, tamén dirixe Lume, un novo concepto de barra gastronómica que a posicionou como unha das mellores empresarias gastronómicas de España.

Ana García, referente no mundo das MICE, dirixe dende fai 30 anos a empresa Trevisani S. L. especializada na organización de congresos, feiras e eventos. Ademais é presidenta da OPC Galicia e representante da marca Galicia MICE, coñecedora das necesidades e dos cambios nun sector moi afectado pola pandemia, polo que aporta unha visión estratéxica.

A profesora titular de Economía Aplicada, Isabel Neira, achegará datos interesantes sobre o emprendemento no sector e a súa visión como directora de hoteis. Conta na súa traxectoria como directora técnica do Grupo GEM-Galicia, e a súa liña de investigación está centrada en temas de capital humano e social, emprendemento, felicidade e satisfacción laboral. Foi presidenta da asociación da Economía da Educación, colaborando con axencias de calidade galegas como ACSUG e estatal ANECA en diversos proxectos.

Begoña Vázquez, tamén do sector da gastronomía, dirixe o restaurante o Regueiro da Cova en Verín e é a única muller chef que forma parte da asociación Cociña Ourense. A súa cociña garda un equilibrio entre o tradicional e o experimental, nun espazo con produtos de quilómetro 0 e ecolóxicos.

V Meet Up Referentes Galegas.
Artículo anterior
Camino de Santiago

Correos anima a los peregrinos a limpiar el Camino de Santiago mediante el reparto de bolsas recicladas

Siguiente artículo
sostibilidade

Realidade versus sostibilidade na produción gráfica de gran formato