Relato audiovisual: o vídeo, o teu aliado

DircomStory

Aula Dircom promove un obradoiro sobre este tema que dará comezo o 30 de marzo


FELIPE VIEIRA


Aula Dircom promove a realización dun taller de vídeo denominado “Relato audiovisual: o teu vídeo, o teu aliado”, un obradoiro que será impartido pola xornalista Anna Veciana, con gran experiencia neste ámbito.

As sesións do taller celebraranse nas xornadas do 30 e 31 de marzo e do 6 e 7 de abril deste 2022, entre as 16.00 e as 17.30 horas. Os alumnos que non poidan asistir ás sesións en directo teñen a posibilidade de visualizalas en calquera outro momento ata 30 días despois da finalización do programa.

A xornalista freelance Anna Veciana impartirá o taller

Unha viaxe polos cinco sentidos

Tal e como se detalla dende Dircom, o relato audiovisual supón unha viaxe polos cinco sentidos e permítenos captar, de forma sutil e significativa, a atención do noso público.

Os vídeos fan máis entendibles as mensaxes, xeran credibilidade e melloran a identificación da nosa audiencia co produto ou servizo que ofrezamos. En definitiva, contribúen a reforzar a marca.

As inscricións están abertas na web de Aula Dircom

Unha historia audiovisual

O curso pretende ensinar aos asistentes a construír unha historia audiovisual que impacte e enganche a audiencia, establecendo as canles de difusión máis efectivas e a crear un relato de marca corporativa a través do storytelling dos vídeos. Os interesados en asistir ao curso poden obter todos os seus detalles no site de Aula Dircom.

Anna Veciana

A xornalista freelance Anna Veciana, colaboradora na BBC, Verne, BCN Més ou Arrels, entre outros medios, será a encargada de impartir este taller. No seu perfil de LinkedIn, Veciana cualifícase como xornalista de formación e “observadora de vocación”.

“Tento ter unha visión obxectiva dos acontecementos que ocorren ao meu redor e analizar as historias que xorden da miña mente e imaxinación”, sinala. “A boa información non só se logra a través da representación literal do que sucede, senón a través dunha análise minuciosa do contexto e da historia”, engade.

A especialista afirma tamén que “a través dunha fotografía, un vídeo ou catro liñas de escritura” tenta “captar ao público” sen se deixar levar “por contidos estereotipados ou intereses predeterminados, xa sexan políticos, mediáticos ou sociais”.

Artículo anterior
Maat

O estudo portugués UMA desenvolve a imaxe de marca do MAAT de Lisboa

Siguiente artículo
marcas Rusia

Las grandes marcas declaran la guerra a Rusia