Redegal celebra o seu 18 aniversario estreando imaxe corporativa

Durante os últimos meses todo o equipo de Redegal colaborou na definición desta nova imaxe corporativa


REDACCIÓN


A axencia de desenvolvemento e márketing dixital Redegal vén de lanzar unha nova imaxe corporativa que acompañará á compañía no seu crecemento e consolidación no mercado, a piques de celebrar os 18 anos desde a súa fundación e os 10 anos da súa aterraxe en México.

Grazas ao auxe do comercio electrónico e o consumo de contidos dixitais, o crecemento da axencia nos últimos anos foi exponencial, pechando o 2021 cunha facturación próxima aos sete millóns de euros.

Durante os últimos meses todo o equipo de Redegal colaborou na definición dunha nova imaxe corporativa, desenvolvida integramente polas diversas áreas da axencia, unha acción que permitiu forxar un forte de sentimento de conexión coa marca.

Unha imaxe renovada e fiel ás orixes

Esta nova identidade corporativa, máis moderna e actual, recrea un novo universo de marca relacionado coa auga. A cor azul, as ondas e as isóbaras tan vencelladas ás orixes galegas de Redegal simbolizan tamén o océano que une Europa e América, principais mercados da compañía.

Acompañando esta nova imaxe, Redegal aproveitou para lanzar unha nova web corporativa enfocada en dar a coñecer os seus servizos

O ‘R’ do logo pasa a escribirse en maiúscula, como mostra de carácter, fortaleza e robustez propia da maioría de idade, e recupera a prolongación por debaixo do ‘e’ nunha referencia á primeira identidade da axencia e tamén como símbolo da conexión cos seus clientes.

Acompañando esta nova imaxe, Redegal aproveitou para lanzar unha nova web corporativa enfocada en dar a coñecer os seus servizos e últimos casos de éxito nos distintos mercados onde opera.

Artículo anterior
registrar una marca

¿Quieres registrar una marca o diseño?

Siguiente artículo
estati.co

Juanpe Granados: “Hoy en día es fundamental poder comunicar”