Reclam relanza a marca Fibralar como “a internet da boa xente”

Fibralar

Fibralar busca converterse nunha alternativa galega de referencia no eido de internet ligada a valores como o coidado do medio ambiente e o consumo ético


PABLO LÓPEZ


No tempo actual, no que o coidado do medio ambiente e o consumo ético forman parte da axenda da maioría das marcas e empresas, resulta unha boa fórmula para vender un produto apelar a eses valores e iso é, precisamente, o que fixo a axencia Reclam para relanzar Fibralar, que busca converterse nunha alternativa galega de referencia no eido dos operadores de internet.

Fibralar, a internet da boa xente é o lema dunha campaña que ten como un dos seus elementos centrais unha peza audiovisual que representa un día no campamento Fibralar, onde acude a boa xente para formarse, cun estrito adestramento, co obxectivo de asumir como propios os valores da marca.

“Mercar un produto local, sorrir ou non empregar bolsas de plástico son cousas moi sinxelas polas que debemos comezar se queremos ser boa xente”, explican dende Reclam

“Mercar un produto local, sorrir ou non empregar bolsas de plástico son cousas moi sinxelas polas que debemos comezar se queremos ser boa xente, porque todos queremos selo, iso é así. Consumir marcas éticas, cun compromiso e cuns valores sólidos que se identifiquen con necesidades actuais da sociedade, tamén é ser boa xente”, apunta Reclam sobre a campaña para Fibralar.

A campaña consta de varias pezas audiovisuais, outdoor, radio e online, ademais de patrocinios en radio e televisión. “A marca lanza unha ambiciosa campaña on+off e busca así afianzarse como alternativa líder en Galicia frente a operadores nacionais e internacionais”, engaden dende Reclam.

“Fibralar é o novo operador de telecomunicacións galego, que da un grande servizo a toda a comunidade e sae relanzado ao mercado con ofertas moi competitivas pero, ante todo, é a internet da boa xente, porque adica parte do que gaña a causas sociais de Galicia e iso so o fai a boa xente”, conclúe Reclam sobre a súa campaña.

Artículo anterior
Mujer

Igualdade, conciliación e RSE, a debate en Santiago de Compostela

Siguiente artículo
Marta Serrano

Marta Serrano: “Las marcas se enfrentan al gran reto de saber cuáles son los canales idóneos”