Realidade versus sostibilidade na produción gráfica de gran formato

O afterwork no que participa Daniel Rodríguez, CEO de Verde Impresiones con Sentido, poderase seguir en liña este mércores 22 a partir das 19:30 horas


BEATRIZ G. CIBREIRO


O CEO de Verde Impresiones con Sentido, Daniel Rodríguez, é o protagonista do primeiro Afterwork de comunicación, publicidade e marketing en liña desta nova tempada. Esta cita con profesionais destacados do sector celébrase este mércores 22 de setembro a partir das 19:30 horas.

Esta actividade organizada polo Clúster de Comunicación de Galicia pretende ser un espazo de encontro sobre a actualidade do sector da produción en gran formato e como se pode impulsar a sostibilidade de forma real. Deste xeito, e baixo o título “Realidade vs. sostibilidade na produción gráfica de gran formato” falarase do impacto que se quere xerar, o que se precisa para conseguilo e como afecta á contorna.

Verde impresiones con sentido é un centro de impresión en gran formato e fine-art responsable e no que unha das súas máximas preocupación é conseguir produtos de calidade sempre respectando o medio ambiente e dunha forma sostible.

Os Afterworks at Home, agora en formato online, son un ciclo de encontros que se crearon co obxectivo de compartir coñecemento, potenciar o networking e as sinerxías profesionais nos sectores vencellados ao marketing, á comunicación, á publicidade e á creatividade en xeral, desde o Clúster da Comunicación de Galicia e en colaboración con diferentes entidades como Markea, Dircom, Creatividade Galega, Dinahosting e o Círculo de Empresarios de Galicia. Ademais, este proxecto está cofinanciado polo Igape e pola Xunta de Galicia.

Programación de Markea

Co inicio de setembro tamén se retoman as actividades, os encontros e as visitas como a que organiza Markea este venres 24 de setembro ás bodegas Martín Códax, en Cambados (Pontevedra). Esta actividade, reservada só para os socios de Markea, servirá para facer a presentación do acordo de colaboración coa Associação Portuguesa dos Profissionais de Marketing (APPM), e contará coa intervención do seu presidente, Carlos Sá, que falará sobre a situación do sector do marketing en Portugal.

Markea retoma as actividades para socios coa visita ás bodegas Martín Códax e a colaboración coa Associação Portuguesa dos Profissionais de Marketing

Entre as novidades de Markea tamén está a súa nova páxina web. Unha actualización para facela máis intuitiva e visual e cunha nova distribución que permite unha navegación máis áxil. Nesta renovación, incluíron diferentes seccións coas que poder comunicar as actividades que organizan, a axenda de eventos ou o blog no que participan diferentes profesionais.

Artículo anterior

Retos e innovación no sector gastronómico e de eventos, a debate no vindeiro Meet-up Referentes Galegas

Siguiente artículo

Imaxe firma la nueva campaña de Origen España