O emprego do dominio .gal potenciarase no exterior a través dos centros galegos

Darío Janeiro e Luis Antelo reuníronse con Antonio Rodríguez Miranda para lograr este obxectivo

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión o sábado 29 de maio cos responsables de PuntoGal, co obxectivo de potenciar no exterior o uso deste dominio a través dos centros galegos.

A aplicación do “.gal” reforza a imaxe de Galicia no exterior e facilita que as asociacións galegas participen dun dominio que permite localizar os contidos e a información cultural sobre a comunidade galega dun xeito máis fácil, ademais de promover a publicación de novos contidos dixitais no noso idioma.

O uso deste dominio permitirá reforzar a imaxe de Galicia no exterior

PuntoGal é a entidade que xestiona o dominio galego na rede, que conta con arredor de seis mil páxinas xa baixo esa denominación. Entre elas están as institucións máis relevantes de Galicia: concellos, administración central, universidades e multitude de empresas e entidades. Esta colaboración mantén a relevancia da Galicia exterior no dominio, no que estivo presente desde o inicio, e tamén busca a inclusión dos centros galegos de todo o mundo no seu uso, facilitando a súa identificación tanto por usuarios da rede como por buscadores.

A presenza do dominio .gal nas redes dos centros galegos ten tamén unha importante repercusión económica e cultural, destacando desde o primeiro momento a súa vinculación con Galicia para os seus asociados e establecendo unha conexión inequívoca coa historia e coa cultura galegas.

Artículo anterior
Marketing de Galicia

V Informe del Panel de Marketing de Galicia

Siguiente artículo
Ángela Gómez Caruncho

Ángela Gómez Caruncho, nueva directora de Galicia de Torres y Carrera