PuntoGal celebra a chegada do outono cunha nova promoción

PuntoGal celebra a chegada do outono e o inicio do curso escolar cunha atractiva rebaixa no prezo dos novos dominios. Nos rexistradores sumados a esta promoción, as persoas interesadas poderán obter o seu .gal por un prezo máximo de 10 euros máis IVE. Os prezos rebaixados estarán vixentes desde o día 15 de setembro ata o 30 de setembro.

O prezo máximo do dominio PuntoGal por un ano será de 10 euros máis IVE

Para poder aproveitar a promoción, é preciso dirixirse ás empresas rexistradoras Dinahosting, INWX, Don Dominio, Radia.Cloud, Openprovider, Arsys e OVH.com, que ofrecen distintas políticas de prezos e servizos con rexistro de dominios novos. PuntoGal recomenda visitar todas as páxinas das empresas participantes na promoción e atopar a que se adapte mellor ás súas necesidades. Toda a información atópase na páxina www.dominio.gal/promocions.

Os prezos rebaixados desta promoción de outono estarán vixentes desde o 15 de setembro ata o 30 de setembro

Máis de 6.000 dominios rexistrados

PuntoGal, que xa celebra que supera os 6.000 dominios rexistrados, segue traballando para que todas aquelas persoas, asociacións, institucións e empresas que queiran visibilizarse na rede como parte da comunidade galega poidan facelo cun prezo competitivo.

Para poder aproveitar a promoción, é preciso dirixirse ás empresas rexistradoras Dinahosting, INWX, Don Dominio, Radia.Cloud, Openprovider, Arsys e OVH.com

Ademais, o dominio ampliou o seu programa corporativo de apoio a iniciativas relacionadas coa lingua, coa cultura e coas TIC en Galicia. Entre as últimas actividades realizadas figura a colaboración coas Galescolas de fútbol gaélico e o patrocinio do programa de Twitch de divulgación científica en galego Balea Vermella.

O dominio forma parte, igualmente, da Asociación internacional de dominios Geotlds, que vén de retomar as súas reunións presenciais esta semana en Alemaña con participación de PuntoGal, ademais de estar integrado no RYSG Group e manter unha presenza activa nas actividades da ICANN, organismo internacional que xestiona a rede a nivel mundial.

Artículo anterior
Future Promotion Forum

Canon desvela las últimas técnicas en fidelización del cliente

Siguiente artículo
Haters Violencia Xénero

#HATERS de la Violencia de Género, campaña de Imaxe para la Xunta