PuntoGal celebra o Nadal cunha nova promoción

apalpador

O prezo máximo por un ano dos novos dominios será de 10 euros máis IVE


REDACCIÓN


PuntoGal quere celebrar a chegada do Apalpador cunha atractiva rebaixa no prezo dos novos dominios. Nos rexistradores sumados a esta promoción, as persoas interesadas poderán obter o seu .gal por un prezo máximo de 10 euros máis IVE. Os prezos rebaixados estarán vixentes desde hoxe (1 de decembro) ata o día 15 de decembro.

A campaña centrada na figura do Apalpador, que como nos contan en www.apalpador.gal, é unha figura tenra e merecente de esforzo para recuperala. Como ben contan eles, Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos ás nenas e nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están a durmir e apálpalles a barriguiña por ver se xantaron abondo e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas. Na súa web podedes atopar información sobre as súas orixes e material didáctico e recursos para coñecer mellor a historia do Apalpador e a Noite do Apalpadoiro. Recentemente vimos de renovar o convenio coa Irmandade dos Apañacastañas para seguir fomentando esta figura do Nadal Galego.

Para poder aproveitar a promoción de desconto nos prezos do .gal é preciso dirixirse ás empresas rexistradoras

A campaña foi deseñada por Xoana Pousa creadora multidisciplinar coruñesa formada en Belas Artes, coñecida tamén coma Cuchiflainas polo seu proxecto de roupa, accesorios e ilustración.

Para poder aproveitar a promoción de desconto nos prezos do .gal que trae o Apalpador é preciso dirixirse ás empresas rexistradoras Blacknight, Dinahosting, INWX, CDMon, Openprovider, Arsys, Radia e OVH.com, que ofrecen distintas políticas de prezos e servizos con rexistro de dominios novos. PuntoGal recomenda visitar todas as páxinas das empresas participantes na promoción e atopar a que se adapte mellor ás súas necesidades. Toda a información atópase na páxina www.dominio.gal/promocions.

Coa cultura galega

PuntoGal, que xa supera os 6.100 dominios rexistrados, segue traballando para que todas aquelas persoas, asociacións, institucións e empresas que queiran visibilizarse na rede como parte da comunidade galega poidan facelo cun prezo competitivo.

O dominio ampliou o seu programa corporativo de apoio a iniciativas relacionadas coa lingua, a cultura e as TIC en Galicia, por iso segue axudando á iniciativa do Apalpador cada ano. Entre as últimas actividades realizadas figura o patrocinio dos VI Premios Paraugas entregados o 12 de novembro en Expourense, a colaboración coas Galescolas de fútbol gaélico e o patrocinio do programa de Twitch de divulgación científica en galego Balea Vermella. O dominio tamén forma parte da Asociación internacional de dominios Geotlds, que vén de retomar as súas reunións presenciais esta semana en Alemaña con participación de PuntoGal, ademais de estar integrado no RYSG Group e manter unha presenza activa nas actividades da ICANN, organismo internacional que xestiona a rede a nivel mundial.

Artículo anterior
Peter Lindbergh © Stefan Rappo (courtesy Peter Lindbergh Foundation, Paris)

La muestra del legendario fotógrafo Peter Lindbergh desembarca en A Coruña

Siguiente artículo

Fermín Abella: “Los lectores vuelven a demandar la revista en formato papel”