Premio ao talento novo en deseño de produto

O Premio Despunte ao Mellor Traballo Fin de Estudos do Grao en Deseño de Produto, patrocinado por Gain, correspondeulle a Irene Bazo Cueto


REDACCIÓN


O pasado 29 de febreiro a EASD Mestre Mateo celebrou o seu tradicional desfile Despunte na Cidade da Cultura. Esta edición contou coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (Gain) a través do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA, que contempla especificamente o apoio ao talento novo do deseño galego.

O Premio Despunte ao Mellor Traballo Fin de Estudos do Grao en Deseño de Produto, patrocinado por Gain, correspondeulle a Irene Bazo Cueto polo seu proxecto de adaptación de accesorios de cociña para persoas con problemas de baixa visión.

A liña de utensilios deseñada baixo a marca Cocotex busca proporcionar solucións accesibles e funcionais para mellorar a vida das persoas con baixa visión, así como dar visibilidade a este tipo de discapacidades. O proxecto céntrase en redeseñar diferentes pezas –como pratos, unha pinza-espátula, unha táboa de cortar e un adaptador de luz para potas– de maneira física, sen recorrer a medios tecnolóxicos e sen deixar de lado a estética. Estes deseños enfócanse na ergonomía, na estética e na funcionalidade, utilizando cores fortes como a laranxa e a azul e texturas e formas simples.

Os deseños de Irene Bazo diríxense a persoas con hipovisión, pero tamén con trastornos máis leves como a presbicia causada pola idade

A gañadora do premio, dotado con 1.500 euros, baseou o seu proceso de creación na investigación das necesidades das persoas usuarias. Bazo asegura que o proxecto é viable e beneficioso, xa que aporta algo novo ao mercado, axuda as persoas con baixa visión e promove unha maior conciencia sobre este tipo de enfermidades.

Artículo anterior
Irene Castillo

Irene Castillo: "El nivel de exigencia siempre es más elevado cuando eres una mujer en cargos de responsabilidad"

Siguiente artículo

8M con M de 'Muévete'