Perdón, a campaña de Quattro idcp para R, premiada no XIII Smile Festival

O Smile Festival outorga o premio á “Mellor Execución de Campaña Publicitaria” á campaña ‘Perdón’ de R, realizada por Quattro idcp


REDACCIÓN


Smile Festival, o Festival Internacional da Publicidade e do Humor, que este ano celebra a súa 13ª edición, destacou co premio “Mellor Execución de Campaña Publicitaria” á campaña realizada pola axencia Quattro idcp para R, mediante a que se publicita a cobertura mellorada e o servizo 5G de operador galego. Competindo cos creativos máis recoñecidos do mundo, o certame galardoa a campaña de R como un dos mellores traballos publicitarios do ano, onde o humor é unha peza clave na estratexia creativa.

‘Perdón’ pola cobertura total

A campaña, composta por tres pezas audiovisuais e tres gráficas para prensa, incide na cobertura mellorada de R(co dobre de antenas) ata no último recuncho de Galicia, e da chegada do 5G a todas as súas tarifas de servizo móbil.

Os spots destacan, de forma humorística, unha cobertura tan excelente que non hai ‘escapatoria’ á hora de recibir chamadas, xa sexa no recuncho máis apartado dunha nave, nunha montaña remota ou nun aparcadoiro subterráneo, que son xustamente o tres espazos escollidos por Quattro idcp para desenvolver este traballo publicitario.

As tres historias cóntanse baixo a lema “Perdón” a modo de desculpa aos clientes pola inxerencia da tecnoloxía móbil máis avanzada neses espazos, supostamente reservados e inaccesibles, onde os protagonistas, case seguro, permanecerían ilocalizables de non ser por esa cobertura imbatible.

Os creativos da axencia galega explican que “a idea era darlle un xiro disruptor á comunicación, botando man do humor e da retranca tan características da marca R. O fácil sería facer unha campaña en positivo. Mais… e se, en lugar diso, lles pedimos perdón por se esta mellora trastorna os seus plans? Así o fixemos, pensando en todas esas situacións nas que, no fondo, nos vén ben que a cobertura nos falle. Desta maneira, o humor axuda a captar a atención do espectador e arríncalle, probablemente, un sorriso”.

R e Quattro idcp no Smile Festival

Ao longo da historia deste certame internacional de publicidade, outras campañas de Rrealizadas por Quattro idcp foron recoñecidas polo impacto do humor na súa estratexia creativa. Entre elas, traballos arredor de celebracións como o Entroido ou o San Xoán, ou a recente campaña de R Noticias incribles do combo Infinito”, galardoada en 2022 na categoría de Mellor Eficacia en Peza Gráfica”.

O director de Quattro idcp, Jaime Conde, sinala que «R sempre entendeu a importancia do humor para comunicar e conectar coa xente. Con R e as súas campañas pasámolo ben, rimos, gozámolas a tope… E iso nótase cando se publican. Sigamos sorrindo e rindo”.

Artículo anterior

Mar Delgado: “El talento es el corazón de Atelier”

Siguiente artículo

Las tendencias en el ámbito de la impresión, a debate en el Total Print Congress