Pepe Formoso: “O deseño nos nosos proxectos empezou con Bela Muxía”

Foto: Carmen Verdú

Pepe Formoso
CEO e fundador do Hotel Bela Fisterra

“Os deseños son todos de Xosé Teiga, o deseñador gráfico máis laureado de Galicia”


ROCÍO MOARES


O 26 de setembro celebrouse na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago, a xornadaDa idea ao resultado. Casos de éxito do deseño galego” á que asistiron arredor dun cento de persoas para coñecer de primeira man a experiencia de cinco empresas que incorporan o deseño como ferramenta de crecemento e competitividade. Así, representantes de Orballo, Porto-Muiños, Fina Rei e Revertia, xunto a Pepe Formoso, fundador do Hotel Bela Fisterra, expuxeron como están a potenciar factores como a diferenciación, a funcionalidade, a experiencia de usuario, a sostibilidade e a accesibilidade grazas á implantación do deseño nas súas estratexias. Esta implantación está a ser posible grazas ao apoio de DeseñaPeme, a liña específica de axudas da Xunta de Galicia promovida no marco do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN).

“Os nosos traballos son traballos corais onde colaboran os nosos amigos, dende a cultura, a sabiduría e a experiencia”

¿Como xorde a idea de crear un hotel inspirado na literatura marítima? A Costa da Morte é fundamentalmente mar. Os nosos traballos son traballos corais onde colaboran os nosos amigos, dende a cultura, a sabiduría e a experiencia. E decidimos que sería unha idea fantástica crear un establecemento que estivera adicado ás grandes obras da literatura universal do mar. Bela Muxía foi o punto de partida. A Costa da Morte tiña moito que dicir no Camiño de Santiago e aí naceu Bela Muxía, que está tematizado por un dos grandes da arte deste país, Antón Castro. Traballando con el chegamos á conclusión de facer un produto que tivera moito que ver co deseño e puxémonos en contacto cuns grandes arquitectos locais, amigos tamén, Juan Creus e Covadonga Carrasco, e propuxeron unha idea innovadora para ese albergue. Os deseños son todos de Xosé Teiga, o deseñador gráfico máis laureado de Galicia. Había fondos europeos para experiencias e proxectos innovadores e iso animounos a facer algo diferente, un proxecto espectacular. Aí empezou o deseño nos nosos proxectos, con Bela Muxía e Bela Fisterra, que teñen varios premios a nivel internacional.

E como se desenvolveu o branding? Puxémonos en contacto cos que estaban considerados como mellores deseñadores e quedamos moi satisfeitos. O deseño está fóra de toda dúbida porque chama moito a atención. Tamén dos propios clientes, que a día de hoxe nos seguen vendo como un establecemento único, diferente, exclusivo e especial. Grazas tamén á hospitalidade de Ángel Castro e Celia Vilela, que son unha marabilla, e que xunto coas instalacións fan do proxecto algo marabilloso.

Que significa que Bela Fisterra é un hotel ecosostible? A maiores sumamos a sostibilidade. Foron os propios arquitectos os que nos advertiron que o mundo iba cara á sostibilidade e apostamos pola xeotermia, con placas fotovoltaicas; recollemos as augas pluviais e regamos o xardín; non hai envases de plástico, todo é vidro, reciclable. Somos o primeiro hotel literario sostible adicado ás grandes obras da literatura universal do mar e amigo das mascotas, que é outra forma máis de ser sostible, porque a día de hoxe unha mascota é un membro máis da familia. Xúntase todo e hai unha hibridación perfecta que fai que Bela Fisterra e Bela Muxía sexan dous espazos diferentes.

Artículo anterior

Áurea estrena "Os Retornados" como parte de su campaña de rebranding

Siguiente artículo

Marta Rico y Miguel García, Premio Honorífico de Creatividad en los IX Premios Paraugas