Palexco acolleu a xornada ‘Erros x Aprendizaxes’ sobre emprendemento e innovación empresarial

O encontro centrouse en como transformar erros en oportunidades e fomentou o intercambio de coñecemento no sector dixital


REDACCIÓN


O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, inaugurou este venres na Coruña a xornada profesional Erros x Aprendizaxes, un encontro organizado polo Clúster do Ecommerce Galego, no que empresas galegas e españolas do ámbito dixital comparten experiencias sobre os erros cometidos durante o seu proceso de crecemento e as aprendizaxes que lles permitiron avanzar.

O evento celebrouse en Palexco e reuniu a responsables de diferentes marcas que explicaron en primeira persoa como transformaron fallos empresariais en oportunidades de mellora e innovación.

Durante a súa intervención, Regueira destacou a importancia de espazos que promoven unha visión máis honesta do emprendemento e que rompen coa idea dun éxito empresarial sen dificultades. “Os erros non son fracasos, senón unha sorte de profesores caros”, afirmou, subliñando que o importante é saber aproveitalos para aprender máis rápido.

Regueira destacou a importancia de espazos que promoven unha visión máis honesta do emprendemento e que rompen coa idea dun éxito empresarial sen dificultades

O vicepresidente sinalou que encontros coma este permiten “desmitificar o éxito e pór sobre a mesa a verdade das campañas fracasadas”, lembrando que detrás de moitos proxectos empresariais que chegan a consolidarse adoita haber momentos difíciles que forman parte do proceso.

Así mesmo, puxo en valor o carácter colaborativo da xornada, que anima ás empresas participantes a compartir tanto os seus acertos como os seus fallos. Segundo explicou, esta dinámica contribúe a xerar aprendizaxe colectiva e a fortalecer o ecosistema empresarial a través do intercambio de experiencias.

Empresas participantes

A xornada reuniu a responsables de diversas compañías que expuxeron casos reais de erros empresariais e como estes se converteron en oportunidades de crecemento. Entre as firmas participantes atopáronse Par & Escala, Yo pongo el hielo, Rígido, Alda Hotels, Heimat Atlántica, Joyerías Calvo, Cultura Urbana, Dinahosting, Smartclick e o despacho Pintos & Salgado.

A xornada reuniu a responsables de diversas compañías que expuxeron casos reais de erros empresariais e como estes se converteron en oportunidades de crecemento

Ao longo do día, os participantes analizaron as estratexias, decisións e aprendizaxes derivadas de situacións complexas nos seus procesos de crecemento, co obxectivo de fomentar unha cultura empresarial baseada no intercambio de coñecemento e na mellora continua.

Artículo anterior

2bedigital lidera el desarrollo de TendAI, una plataforma de IA para el retail seleccionada en Nexos 2025 

Siguiente artículo

Nasas celebra “El Arte de lo Local” en la nueva campaña de Gadis