Ourense acolle a Xornada E-Escaparates

Foto: Adobe Stock

Trátase dun foro no que participarán representantes de tres empresas para compartir as súas estratexias de ecommerce


FELIPE VIEIRA


O Clúster do Ecommerce Galego, que se presentou oficialmente durante o pasado Congreso Atlántico de Marketing Dixital Flúor, singularízase por promover dende a súa creación diferentes xornadas abertas para o debate sempre co obxectivo de incentivar e apoiar o desenvolvemento do comercio electrónico en Galicia.

Nesta axenda, que paseniñamente pero con paso firme vai configurando a entidade que preside Xosé Luis Reza, enmárcase a celebración da Xornada E-Escaparates, que terá lugar este martes 7 de marzo na cidade das Burgas. En concreto, desenvolverase no salón de actos da Confederación Empresarial de Ourense, a partir das 19.30 horas.

O Clúster do Ecommerce Galego é a entidade encargada de promover esta iniciativa

O, que contará con tres intervencións de destacados representantes do sector empresarial galego, pretende poñer en valor as diferentes estratexias que están a desenvolver as firmas da comunidade autónoma para impulsar os seus e-commerce. Así, no marco de E-Escaparates, amosaranse estas estratexias e posibilitarase que as compañías que participan compartan o seu know-how coa finalidade de que poida servir de inspiración para impulsar futuros proxectos de e-commerce por parte doutras empresas.

Trátase dunha xornada que pretende crear sinerxias entre o tecido empresarial galego e arredor do e-commerce como ferramenta de desenvolvemento económico baseada na tecnoloxía dixital.

Participantes

A presidenta da Confederación de Empresarios de Ourense, Marisol Novoa, e o máximo responsable do Clúster do Ecommerce Galego, Xosé Luis Reza, serán os encargados de dar a benvida aos participantes na xornada. Primeiramente, tomará a palabra José Manuel Regueiro, CEO de Grupo Raíz para abordar, dende a perspectiva desta empresa, como incrementar o tráfico e as vendas nun ecommerce a través dunha estratexia de contidos e publicidade.

A Xornada E-Escaparates na sede da Confederación de Empresarios de Ourense este martes 7 de marzo a partir das 19.30 horas

Tras Regueiro, intervirá o CEO & Founder de Bodegas.bio, Carlos Vázquez, que se encargará de detallar as singularidades que, ao seu xuízo, debe posuír un ecommerce nun nicho de mercado e empresa pequena. Finalmente, intervirá Pablo Aranda, director dixital de Roberto Verino, unha das firmas de moda máis relevantes de Galicia, para falar sobre o ecommerce na gran empresa e no negocio tradicional.

Networking

A xornada Xornada E-Escaparates concluirá cun tempo para o networking entre os asistentes, que poderán desfrutar dun viño galego. Todos os interesados en participar nesta interesante e novidosa iniciativa promovida polo Clúster do Ecommerce Galego, en colaboración coa Confederación de Empresarios de Ourense, poden inscribirse dende xa AQUÍ.

O Clúster da Comunicación de Galicia e Markea respaldan a posta en marcha desta xornada, na que tamén colaboran empresas como o Grupo Raíz Digital, Bodegas bio, Startup Galicia e Roberto Verino.

Artículo anterior
Canon alta velocidad

Canon lanza una serie de impresión digital de alta velocidad

Siguiente artículo
Manuel Meijide

Manuel Meijide: "La inteligencia artificial es la punta del iceberg"