Os galardóns entregáronse na gala celebrada este venres 17 de novembro no Teatro Jofre de Ferrol
REDACCIÓN
O Clúster da Comunicación de Galicia xa entregou os galardóns dos VIII Premios Paraugas nunha emotiva gala celebrada este venres 17 de novembro no Teatro Jofre de Ferrol, á que asistiron uns 300 profesionais do sector. Os xurados que avaliaron as case 300 candidaturas presentadas nesta edición quixeron destacar a “elevada calidade dos proxectos que se desenvolveron en Galicia no último exercicio”. O Clúster tamén recoñeceu o labor do publicista Luis Bassat, referente internacional en márketing e comunicación, e da xornalista Rosa Vilas, pioneira no seu sector, cos Paraugas de Honor 2023.
Categoría Impresión
Premio Paraugas ao Mellor Traballo de Impresión en Papel
- Estudios de Anime. Gráficas Anduriña
Premio Paraugas ao Mellor Traballo en Gran Formato
- Aula Aberta á Tecnociencia. Imprimeverde – Universidade de Vigo
Premio Paraugas ao Mellor Packaging
- Caixa Regalo “La Brújula”. Gráficas Salnés
Categoría Deseño
Premio Paraugas ao Mellor Deseño Gráfico
- Mobalco. Cenlitros e Marcos Dopico
Premio Paraugas ao Mellor Deseño Industrial ou de Produto
- Lavelle Fireroad. Pablo Iglesias
Premio Paraugas ao Mellor Deseño Dixital
- AR\DE Arquivo do Deseño Galego. Desoños
Categoría Creatividade
Premio Paraugas á Mellor Idea
- Non Cabreiroarse. Imaxe – Hijos de Rivera (Cabreiroá)
Premio Paraugas á Mellor Campaña
- Eggie Revolution. Imaxe – Wovo
Premio Paraugas á Mellor Produción (Craft)
- Salvemos nuestros montes de los incendios. Chachachá Studio – Greenpeace
Premio Paraugas á Mellor Campaña de Impacto Positivo
- Reto FalAI. Recados Carmen – Balidea e AtlanTTic Universidade de Vigo
O Clúster recoñeceu o labor do publicista Luis Bassat, referente internacional en márketing e comunicación, e da xornalista Rosa Vilas, pioneira no seu sector, cos Paraugas de Honor 2023
Categoría Márketing
Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Márketing
- Fontecelta sen filtros. Fontecelta
Premio Paraugas á Mellor Acción de Branding
- Fragmentos de Onte. Bodegas Martín Códax
Premio Paraugas á Mellor Activación de Marca
- ¿Hacemos match? Bysidecar
Premio Paraugas ao Mellor Uso do Social Media
- #NonCabreiroarse: los juegos del agua. Imaxe – Hijos de Rivera (Cabreiroá)
Categoría Comunicación
Premio Paraugas á Mellor Estratexia Global de Comunicación
- Himno Oliveira dos Cen Anos. Real Club Celta
Premio Paraugas á Mellor Práctica/Estratexia na Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial
- Unha historia de creatividade transformadora. As Peaky Branders
Categoría Eventos
Premio Paraugas ao Mellor Evento
- Eje Atlántico Loves Generali. Elemental Street (Recados Carmen)
Premios Paraugas ao Mellor Festival
- Festival PortAmérica. Esmerarte
PREMIOS ESPECIAIS
A nova xunta directiva do Clúster da Comunicación de Galicia, con Alberto Garnil como presidente, apostou por renovar esta oitava edición dos Premios Paraugas. Dúas das novidades máis destacadas son a creación de dous premios especiais: o Premio Paraugas de Ouro, que recoñece a candidatura máis destacada da edición, e o Premio Paraugas Novos Talentos, co que se visibiliza o talento das novas xeracións.
Premio Paraugas Novos Talentos
- Retratados. Elena Bengoa Fernández
Premio Especial Paraugas de Ouro
- Reto FalAI. Recados Carmen – Balidea e AtlanTTic Universidade de Vigo
Esta edición contou co patrocinio do Concello de Ferrol e da Xunta de Galicia a través de GAIN, coa colaboración da Deputación da Coruña e co apoio de Avante, PuntoGal, Roi Scroll, Reclam e Tac!, así como co apoio de Tórculo, Miraveo, Atelier, Wise, Markea, Dircom, Creatividade Galega e OPC Galicia.