Os VII Premios Paraugas xa teñen gañadores!

Foto de familia dos VII Premios Paraugas. Imaxe: Brais Lorenzo

Preto de 300 profesionais do sector do márketing e da comunicación acudiron aos VII Premios Paraugas, onde se coñeceron os 19 gañadores desta edición


REDACCIÓN


A VII edición dos Premios Paraugas xa ten gañadores! A cita máis importante para o sector da comunicación en Galicia volveu a ter lugar este venres en Expourense, congregando a preto de 300 profesionais do sector, nunha gala de entrega de premios que recoñeceu o mellor talento galego deste ano.

Ninguén quería perderse esta nova edición dos Premios Paraugas, polo que acudiron á cita representantes das meirandes axencias de publicidade galegas, así como autoridades autonómicas e locais, empresarios e convidados ao evento.

Imaxe: Brais Lorenzo

Nesta edición establecéronse un total de sete categorías diferentes, nas que competiron un total de 60 proxectos finalistas que mostraron os mellores traballos galegos no eido da comunicación e do márketing. A gala, que foi presentada polos xornalistas Luis Fraga e Belén Xestal, serviu como un punto de encontro entre os axentes de referencia do sector.

Os 19 gañadores desta VII edición dos Premios Paraugas son:

Categoría Impresión e Edición

Premio Paraugas ao Mellor Libro

  • Francesc Torres. Crebas. Gráficas Anduriña
Imaxe: Brais Lorenzo

Premio Paraugas ao Mellor Catálogo Comercial

  • Tecsoled Professional Lighting Tools. Meraki Creatividad
Imaxe: Brais Lorenzo

Premio Paraugas ao Mellor Traballo feito en impresión dixital

  • Tokyo Nights. Tórculo Comunicación Gráfica
Imaxe: Brais Lorenzo

Categoría Deseño (Premios GAIN)

Premio Paraugas ao Mellor Deseño Gráfico

  • Proxecto editorial e rebranding da revista Tempos Novos. Daniel Pino – Atlántica da Información e Comunicación de Galicia
Imaxe: Brais Lorenzo

Premio Paraugas ao Mellor Deseño Industrial ou de Produto

  • OCO. Cenlitrosmetrocadrado – Rodiñas
Imaxe: Brais Lorenzo

Premio Paraugas ao Mellor Deseño Dixital

  • Web Médula Flor. Tío Phil

Imaxe: Brais Lorenzo

Categoría Creatividade

Premio Paraugas á Mellor Idea

  • Tahona Entroido. Kindergarten
Imaxe: Brais Lorenzo

Premio Paraugas á Mellor Campaña

  • La Resistencia continúa. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Estrella Galicia)
Imaxe: Brais Lorenzo

Premio Paraugas á Mellor Produción (Craft)

  • Prohibido bajar los brazos. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Estrella Galicia)
Imaxe: Brais Lorenzo

Categoría Márketing Dixital (Premios .gal)

Premio Paraugas á Mellor Campaña de Márketing Dixital 360

  • Lo nuestro es lo tuyo. Estratividad – CEAC
Imaxe: Brais Lorenzo

Premio Paraugas á Mellor Campaña de Performance Márketing ou Márketing de Resultados para un Produto ou Servizo

  • Estrategia de venta online para Holaluz. Bysidecar
Imaxe: Brais Lorenzo

Premio Paraugas á Mellor Campaña de Social Media

  • Beca RUNKI al Maratón de NYC. Nasas – ENKI
Imaxe: Brais Lorenzo

Categoría Márketing (Premios Avante)

Premio Paraugas á Mellor Estratexia/Acción de ‘Branding’

  • XMAS GIFT, un food film by Frinsa. Reclam
Imaxe: Brais Lorenzo

Premio Paraugas á Mellor Estratexia/Acción de Produto ou Servizo

  • Campaña Judías La Viuda de Parada y Alvela. Tío Phil
Imaxe: Brais Lorenzo

Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Márketing

  • La Resistencia continúa. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Estrella Galicia)
Imaxe: Brais Lorenzo

Categoría Comunicación (Premios Roi Scroll)

Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Comunicación Externa

  • Volta á Orixe. Siete Olas Comunicación – Orixe
Imaxe: Brais Lorenzo

Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Comunicación Interna

  • Jealsa segura. Tío Phil
Imaxe: Brais Lorenzo

Premio Paraugas á Mellor Práctica na Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial

  • Imperfectxs. Gastronomía para una Inmensa Minoría. Esmerarte – Hijos de Rivera (Cervezas 1906)
Imaxe: Brais Lorenzo

Categoría Eventos (Premios TAC!)

Premio Paraugas ao Mellor Congreso

Deserto

Premio Paraugas ao Mellor Evento

  • Premios Mestre Mateo. Quattro idcp – Academia Galega do Audiovisual
Imaxe: Brais Lorenzo

Premios Paraugas Honoríficos

Este acto, que puido seguirse en streaming e en directo pola TVG, tamén serviu para por en valor o traballo de diferentes persoas que destacan pola súa contribución ao ámbito da comunicación. Os Premios Paraugas de Honor desta edición foron para o xornalista Xabier Fortes, que no seu discurso remarcou a necesidade de facer autocrítica no eido xornalístico para conseguir unha prensa independente e de calidade. Outro profesional homenaxeado foi o histórico publicista José María Lapeña, que destacou este galardón como un dos máis “memorables e bonitos” da súa carreira.

Imaxes: Brais Lorenzo

Entidades organizadoras

Os VII Premios Paraugas, organizados polo Clúster de Comunicación de Galicia, contan co patrocinio de Inorde (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico), Gain (Axencia Galega de Innovación), Roi Scroll, PuntoGal, TAC! e Avante Evolumedia. Ademais, colaboran co evento Atelier Gráfica Visual, Expourense, Miraveo, Aceites Abril, D.O. Ribeiro, Tórculo, Wise, Markea, Dircom, Creatividade Galega, OPC Galicia e Executivas de Galicia.

A edición deste ano estivo cofinanciada polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e o Xacobeo 21·22.

Artículo anterior

Alberto Garnil: “Dar visibilidad al sector es nuestra prioridad”

Siguiente artículo

María José Herbón: “En el fútbol está creciendo la presencia femenina”