Os socios do Clúster da Comunicación poderán acceder gratuitamente a Graphispag 2022

Graphispag

Graphispag, foro de referencia para a industria gráfica, celebrarase en Barcelona do 24 ao 27 de maio


FELIPE VIEIRA


As empresas socias do Clúster da Comunicación poderán acceder gratuitamente á feira Graphispag, o foro de referencia para a industria gráfica e a comunicación visual que se celebrará no recinto Gran Via Fira de Barcelona entre os vindeiros 24 e 27 de maio. Graphispag promóvese de xeito paralelo ao salón Hispack e, entre os dous foros, atraerán 400 expositores con solucións para todos os sectores con necesidades de impresión potenciando as especialidades gráficas que máis medran: packaging, etiquetas e editorial.

Adicionalmente, a organización da feira traballa nunha axenda única cunha zona de coñecemento con relatorios e mesas redondas e un showroom de aplicacións gráficas. Un espazo no que interactuar con produtos rematados achegados por expositores e impresores, que explicarán as técnicas e materiais empregados e que terá a sostibilidade como discurso vertebrado.

Presente e futuro

Graphispag pretende facer reflexionar ao visitante sobre o presente e futuro do sector dende diversos puntos de vista e achegarlle as novidades en diversos eidos de traballo. Por iso, tal e como se detalla na súa páxina web, o foro incluirá a denominada zona de coñecemento con ponencias a cargo de fabricantes, impresores e representantes de marcas usuarias de impresión que apostan pola innovación. Neste espazo, achegaranse consellos, tendencias e coñecementos útiles sobre as posibilidades da tecnoloxía gráfica, a personalización ou os novos materiais de impresión e soportes, entre outros aspectos.

Xunto a Hispack, reunirá máis de 400 expositores

No showroom de aplicacións gráficas será posible tocar e interactuar con todo tipo de aplicacións e produtos gráficos rematados. Permitirase aos visitantes coñecer traballos reais con aplicacións de impresión en sectores coma o editorial, textil, packaging ou etiquetas, interiorismo, retail, publicidade e gran formato, moble, cerámica, automoción e outras industrias.

Hispack UNBOXING

Baixo o nome de Hispack UNBOXING, representantes de distintos sectores, empresas clientes, especialistas en marketing e comunicación e investigadores promoven un córner de experiencia de uso (no pavillón 2) para intercambiar ideas e innovación sobre diferenciación mediante o deseño do packaging, branding, personalización, premiumpack e tendencias. O programa deste córner estará dispoñible proximamente.

A programación incluirá a celebración dun showroom de aplicacións gráficas

Finalmente, a organización de Graphispag pon en marcha unha serie de eventos sectoriais no marco do foro. Asociacions empresariais e entidades profesionais vinculadas á industria gráfica e á comunicación visual organizarán tendencias técnicas, congresos, xuntanzas e asembleas no marco deste foro. O programa completo desta serie de eventos sectoriais tamén estará dispoñible en datas próximas.

Os membros do Clúster da Comunicación de Galicia que estean interesados en asistir á feira deberán acreditarse vía online e introducir o código de convite JIO3WWYS. Para formalizar a inscrición, poden facelo AQUÍ.

Artículo anterior
Betis

El diseño tras las camisetas de fútbol: Real Betis Balompié

Siguiente artículo
Televisión

La televisión, medio líder en Galicia