Os Premios Galicia de Innovación e Deseño 2023: convocatoria aberta

O prazo para presentar as candidaturas remata o vindeiro 2 de outubro


REDACCIÓN


Xa está aberta a convocatoria da cuarta edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño. As candidaturas poden presentarse ata o vindeiro 2 de outubro. Estes galardóns son unha iniciativa da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, para recoñecer a contribución singular tanto dos profesionais como das empresas do sector ao desenvolvemento económico e social en Galicia.

O certame conta con seis categorías, das que tres están especificamente dirixidas a recoñecer ás persoas que contribúen de xeito relevante á mellora do prestixio do deseño galego e ás compañías que son un exemplo de como o deseño actúa como motor de innovación, sustentabilidade e competitividade cando se incorpora á súa estratexia empresarial. Un destes premios será para profesionais cunha traxectoria de alomenos cinco anos, outro para empresas que incorporasen o deseño á súa estratexia empresarial durante unha década como mínimo e outro para deseñadores e deseñadoras de ata 35 anos de idade e cunha traxectoria profesional inferior a dez anos.

Estes galardóns recoñecen o esforzo e a traxectoria de profesionais e empresas referentes no desenvolvemento económico e social de Galicia

As outras tres categorías recoñecen a persoas e empresas galegas que representan o valor da innovación como un elemento clave para o desenvolvemento da estratexia profesional e do crecemento no mercado, respectivamente. A categoría de traxectoria innovadora recoñece a profesionais e líderes empresariais cunha experiencia de alomenos dez anos na que a innovación tivese un papel relevante. Por último, as categorías de grande empresa e pemes distinguen ás compañías cunha actividade innovadora destacada de alomenos dez e cinco anos, respectivamente.

Os premios á grande empresa no apartado de innovación e á empresa no apartado de deseño teñen carácter honorífico, mentres que todos os demais contan cunha dotación económica de 15.000 euros cada un.

Criterios de avaliación

Entre os criterios de avaliación, o xurado das categorías de innovación terá en conta a traxectoria e a actividade innovadora, así como o posicionamento e o impacto da innovación na mellora da capacidade competitiva. O xurado dos galardóns de deseño valorarán a traxectoria e a achega realizada, así como o impulso á innovación a través dos proxectos de deseño.

Precisamente, estes foron os aspectos nos que destacaron os galardoados nas edicións anteriores deste certame. No apartado de deseño foron recoñecidos Isaac Piñeiro, Cenlitrosmetrocadrado e Desescribir (profesionais); Sara Regal, Eva Yarza e Damián Calvo (talento emerxente); e Unvi Carroceros, Televés e TMC Cancela (empresas). No de innovación os premiados foron Catalina Fernández de Ana, Fernando Pérez e Francisco Guitián (traxectoria innovadora); Alén Space, Marine Instruments e GalChimia (pemes); e Ceamsa, Cupa Innovación e Congalsa (grandes empresas).

O xurado das categorías de innovación terá en conta a traxectoria e a actividade innovadora

Así, os Premios Galicia de Innovación e Deseño destacan as mellores prácticas para que sirvan de inspiración a todo o tecido empresarial, poñendo de relevo como a innovación e o deseño son esenciais para mellorar a competitividade das empresas e a calidade de vida das persoas.

O Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – Diferenza é un programa da Xunta de Galicia promovido a través da Axencia Galega de Innovación.

Artículo anterior
Deseña Peme

Aberta a convocatoria de DeseñaPeme 2023

Siguiente artículo
Lotería de Navidad

'Yo también soy de aquí', la campaña con la que arranca la venta de Lotería de Navidad