O encontro dixital a través da plataforma Vidiv terá lugar hoxe pola tarde, ás 19:30 horas, coa directora de márketing de iRobot España, Vilma Otero
REDACCIÓN
É posible adaptar a comunicación dunha empresa global nun contexto local? Esa é a pregunta que vai responder o novo Afterwork At Home que terá lugar hoxe, ás 19:30 h, baixo o título de Do global ao local. Desta forma, o Clúster da Comunicación de Galicia pecha un ano de experiencias, conferencias, relatorios e aprendizaxes online da man das mellores empresas e marcas do momento, coa colaboración de Markea, o Círculo de Empresarios de Galicia, Creatividade Galega, Dircom y OPC Galicia.
Dunha comunicación multinacional a un mercado local
Este último encontro online estará protagonizado por Vilma Otero, responsable de márketing de iRobot España, que falará sobre como xestionar unha estratexia global nun mercado local, conectando de maneira efectiva co público sen perder a súa identidade de marca. O encontro estará presentado por Xosé Luis Reza, antigo presidente do Clúster da Comunicación de Galicia e actual presidente do Clúster do Ecommerce galego.
É preciso mencionar que iRobot é a compañía responsable de crear productos tan icónicos e recoñecibles como o robot aspirador Roomba, polo que crear unha comunicación local axeitada é crucial para diferenciarse dos competidores e mostrarse como unha marca que simbolice innovación e calidade.
Unha tarefa complicada, pero que Vilma Otero desenvolve sen problemas grazas a súa dilatada experiencia no mundo da comunicación e do márketing, tras pasar por grandes empresas como Turespaña, Sugema ou Cenor.
Asistencia gratuita a través de Vidiv
O Clúster da Comunicación de Galicia puxo en marcha os Afterworks At Home durante a pandemia, como medio de aprendizaxe e networking dende a casa ou a oficina. Estes encontros dixitales celébranse a través da plataforma de eventos VIDIV, que permite que os asistentes interactúen cos expertos dun xeito doado. Tan só é necesario crear un perfil cunha imaxe persoal ou co logo da empresa.
Trátase dunha actividade totalmente gratuíta, e podes formalizar a túa inscrición aquí.