Picobello (Pilotinng Collaborative ways to Better Living Locally) busca integrar os principios da New European Bauhaus (NEB) nos instrumentos de política existentes
REDACCIÓN
O pasado 20 de setembro representantes dun grupo de entidades galegas tiveron ocasión de coñecer os obxectivos e o plan de acción do proxecto europeo Picobello, no que a Axencia Galega de Innovación (Gain) participa en representación da Xunta de Galicia.
Nesta xuntanza participaron en calidade de stakeholders a Asociación Galega de Deseño (DAG), a Fundación Juana de Vega, a Escola Universitaria de Deseño Industrial da Universidade da Coruña (UDC), a Fundación DIDAC, a Fundación Roberto Rivas, a Axencia Galega de Industria Forestal (Xera), a Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA) e Galaria.
Picobello (Pilotinng Collaborative ways to Better Living Locally), que conta coa colaboración de sete rexións europeas e cun orzamento de 1,7 millóns de euros cofinanciado por Interreg Europe, busca integrar os principios da New European Bauhaus (NEB) nos instrumentos de política existentes para aproveitar e promover o pensamento a longo prazo, o ciclo de vida e o pensamento integrado nos ecosistemas industriais.
Picobello (Pilotinng Collaborative ways to Better Living Locally) conta coa colaboración de sete rexións europeas e cun orzamento de 1,7 millóns de euros cofinanciado por Interreg Europe
Tal e como se lles explicou ás persoas participantes, no caso de Galicia o obxectivo é optimizar o Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA. Durante a reunión, tamén se analizaron os resultados do borrador de análise sobre a adecuación das políticas públicas galegas aos principios da NEB, elaborado por Rodrigo Martínez, doutor en Deseño e docente e investigador na Escola Universitaria de Deseño Industrial da UDC.
XV Bienal de La Habana
Galicia foi convidada a participar este outono na XV Bienal de La Habana no marco do proxecto Espirales Transatlánticas, que reunirá a creadores e creadoras de Cuba, Brasil, Portugal, País Vasco e Galicia. A presenza de Galicia neste evento de referencia internacional, que terá lugar no mes de novembro na capital de Cuba, proxecta o apoio e o impulso da Xunta á arte, ao deseño e á artesanía. En concreto, a invitación pon en valor o compromiso do Goberno galego co deseño como motor cultural e social a través do Programa DIFERENZA.
Espirales Transatlánticas fai alusión ao pasado común dos territorios participantes no relativo ás migracións, pero tamén á cultura megalítica: pedras talladas en círculos e espirais dispersas entre bosques e ríos, símbolos vitais que se repiten rítmica e periodicamente desde Irlanda a Escocia, Gales ou Galicia.3, co comisariado de David Barro. Nela trázase un percorrido por diversos referentes tanto actuais como históricos do deseño galego a través de obxectos, exemplos de gráfica aplicada, materiais, produtos innovadores e documentos inéditos.
O Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – Diferenza é un programa da Xunta de Galicia promovido a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN).