O Programa Alento chega á súa fin cunha xornada centrada na comunicación e no emprendemento

O Clúster da Comunicación de Galicia organiza este evento, que se celebrará o vindeiro 28 de outubro


REDACCIÓN


O vindeiro luns, 28 de outubro, celebrarase a xornada «O Reto de Comunicar sendo Emprendedor: Erros, Acertos e Anécdotas», con motivo do peche do Programa Alento. Organizado polo Clúster da Comunicación de Galicia, o lugar escollido para albergar este evento será a sede de Miraveo Bunker, na Coruña.

Esta xornada contará con charlas de profesionais cunha longa traxectoria, que compartirán, ademais, experiencias reais que viviron no eido laboral. Así pois, haberá persoas do tecido empresarial galego, pero tamén emprendedores e expertos do sector da comunicación, que compartirán dende ideas enxeñosas e orixinais que conseguiron un impacto importante, ata erros que cometeron nos seus inicios, ou mesmo anécdotas curiosas.

A xornada dará comezo ás 12.00 horas cunha mesa redonda denominada «Estratexias de comunicación que conquistaron». Nela, os relatores compartirán ideas creativas e innovadoras que levaron a cabo para promocionar ou comunicar os seus proxectos, conseguindo un importante impacto no seu público obxectivo.

Esta xornada contará con charlas de profesionais cunha longa traxectoria, que compartirán, ademais, experiencias reais que viviron no eido laboral

Ás 12.25 horas está programada a seguinte das mesas redondas. Baixo o nome «En primeira persoa: erros de comunicación sendo principiante», os empresarios e empresarias compartirán algúns dos erros máis frecuentes cometidos nos inicios das súas andainas empresariais.

«O Carrusel Comunicativo 9×9: 9 Tips efectivos de comunicación en 9 minutos» sucederá a esta breve ponencia. Ás 12.45 horas, tres axencias de comunicación compartirán, durante 9 minutos, de maneira áxil e dinámica, 9 consellos que toda empresa debe ter en conta para comunicar con efectividade a súa marca.

O emprendemento, peza clave

Pero se algo destaca desta xornada é a aposta polo emprendemento. Ás 13.00 horas terá lugar «Experiencias Alento: emprendedores de ti a ti». Neste apartado, os asistentes poderán coñecer de primeira man a algún dos participantes do Programa Alento, así como o valor que aportan ao mercado.

Pero se algo destaca desta xornada é a aposta polo emprendemento

Así pois, «O Programa Alento: antes e despois» comezará ao filo das 13.30 horas cun resumo do Programa Alento «Impulso á Comunicación para Emprender». Nesta mesa participarán o Secretario Xeral de Emprego e RRLL, Pablo Fernández, e o Presidente do Clúster da Comunicación de Galicia, Alberto Garnil.

Finalmente, ás 13.40 horas, os asistentes poderán disfrutar dun pincho galego e dunha oportunidade para facer networking nun espazo idóneo. Todos aqueles que queiran asistir á xornada deberán inscribirse previa previamente na páxina web do Clúster.

Artículo anterior

Andy Stalman: “El branding es una herramienta poderosa para transformar realidades”

Siguiente artículo

Heidelberg saca brillo en Graphispag 2024