O pensamento creativo, protagonista do novo afterwork online do Clúster da Comunicación

Imaxe: Adobe Stock

O encontro dixital terá lugar este mércores 19 de outubro ás 19:30 horas da man de Andrea Espiña, cofundadora e directora creativa da axencia viguesa Lachary


REDACCIÓN


Conseguir un claim que perdure na cabeza da xente. Un packaging que sexa disruptivo e sostible. Un copy que sepa atraer á xente. Estes son os obxectivos soñados de calquera profesional da comunicación e do marketing. Non obstante, o pensamento creativo detrás destes éxitos é un traballo costoso e complicado pero que non é infalible. Por este motivo, o Clúster da Comunicación de Galicia organiza unha nova sesión dos seus Afterwork At Home, baixo o título Creatividade ao servizo das marcas, que terá lugar este mércores 19 de outubro, das 19:30 ás 20:30 h a través da plataforma VIVID.

A encargada de liderar este afterwork será Andrea Espiña, cofundadora e directora creativa da axencia viguesa Lachary. Espiña está licenciada en Publicidade, RRPP e Belas Artes pola Universidade Europea, ademais de contar cun Máster en Creatividade do colectivo de creadores Zink!.

Despois de traballar durante case dous anos en McCann Erickson e outro par de anos en marketing do wargame Infinity, Espiña decidiu cofundar Lachary Axencia Creativa en 2017, recollendo unha gama de clientes moi variada, como Pizza Movil, Cruz Vermella, Mijo Minibar, Clínica Nida, EnergyLab, Mapexel, Pizza Hut ou o RC Celta. Ademais, este ano comenzaron a formar parte de Creatividade Galega.

A encargada de liderar este afterwork será Andrea Espiña, cofundadora e directora creativa da axencia viguesa Lachary

Entre os seus galardóns destacan o tercer premio na categoría de Marca na X Edición dos Premios Nacionais de Marketing coa campaña de ‘Afouteza‘ co RC Celta e o bronce na categoría de Naming nos premios Laus 2019 polo seu traballo de Clínica Nida.

Nesta formación organizada polo Clúster de Comunicación de Galicia en colaboración co Círculo de Empresarios de Galicia, Markea, Creatividade Galega, Dircom e OPC Galicia; Espiña explicará como a creatividade pode marcar a diferencia entre a nosa marca e a competencia, analizando casos de éxito onde o pensamento creativo foi o gran protagonista.

Afterworks At Home: aprendizaxe profesional dende casa

O Clúster da Comunicación de Galicia puxo en marcha os Afterworks At Home durante a pandemia, como medio de aprendizaxe e networking dende a casa ou a oficina. Estes encontros dixitales celébranse a través da plataforma de eventos VIDIV, que permite que os asistentes interactúen cos expertos dun xeito doado. Tan só é necesario crear un perfil cunha imaxe persoal ou co logo da empresa.

Trátase dunha actividade totalmente gratuíta, e podes formalizar a túa inscrición aquí.

Artículo anterior

Experimenta un nuevo enfoque de la Comunicación Interna con Aula Dircom

Siguiente artículo

¿Quieres saber cómo aumentar tu poder de convocatoria en eventos online?