O packaging ao servizo do olfacto

Puig lanza un packaging novidoso que permite coñecer a familia olfativa dunha fragrancia escaneando un código QR


FELIPE VIEIRA


A marca Puig vén de crear AI.LICE, unha nova tecnoloxía que axuda aos consumidores a identificar de xeito doado e en tempo real o aroma das fragrancias sen ter que probalas. AI.LICE, o nome desta tecnoloxía, está inspirado en Alicia a través do espello e funciona do seguinte xeito: ao chegar á perfumería, convídase ao cliente a escanear un código QR co seu smartphone. Dende ese momento, ao enfocar os frascos ou packagings coa cámara do dispositivo móbil, AI.LICE analiza automaticamente a información recibida a través dunha base de datos de perfumes e amosa os resultados na pantalla do teléfono.

AI.LICE resalta na pantalla a familia olfativa de todas as fragrancias enfocadas, así como os seus ingredientes dominantes. A ferramenta ofrece tamén información sobre produtos dispoñibles na perfumería que coinciden coas preferencias do cliente.

O nome do dispositivo tecnolóxico está inspirado en Alicia a través do espello

puig

Magic Monocle

Para presentar a tecnoloxía AI.LICE, Puig traballou con Penhaligon’s para crear Magic Monocle. Esta ferramenta dixital, que se está probando nas boutiques de Penhaligon’s do Reino Unido e Asia, axuda aos consumidores a navegar entre a oferta olfativa da marca mentres crea unha listaxe de desexos de produtos para probar e poder adquirir.

AI.LICE resalta na pantalla do móbil a familia olfativa e os ingredientes dominantes de todas as fragrancias enfocadas

Por vez primeira, os amantes das fragrancias poden acotar doadamente a oferta dispoñible nas perfumerías axustándoa aos seus gustos persoais, sen sentirse perdidos ou confundidos por múltiples opcións. Un paso máis alá no mundo do packaging grazas ás innovacións tecnolóxicas.

Artículo anterior
retail

Las claves de la gestión digital colaborativa en retail

Siguiente artículo
Gunnar

Gunnar Vogt: “La era de Internet requiere nuevos modelos de negocio”