O mellor talento emerxente galego da man do Galicia Design Weekend

A exposición pode verse no Cantón Grande da Coruña ata o 5 de setembro

O mellor talento emerxente galego pode verse no Cantón Grande da Coruña ata o vindeiro 5 de setembro. Nesta mostra, organizada no marco do Galicia Design Weekend, representantes do novo deseño galego expoñen a súa obra: moda, deseño gráfico e audiovisual, branding, produto, espazos… todos teñen cabida.

Trátase dunha das dúas mostras promovidas polo Galicia Design Weekend na cidade da Coruña

Así, na exposición poden apreciarse traballos de Arancha Brandón, Arquxé, Autoenfoque, Baliza Norte, Bego Piñón, Bernardo Paz, Brutto Studio, Carlota Novo, David Méndez Alonso, Elba Quinteiro, Hermana Vuestra, Leon Lewbaum, María Fandiño, Melania Freire, Miguel Pardo, NWHR, Orggeïl, PTIT&CO, Rus The Brand e Sara Regal.

O mellor deseño do ano

O Galicia Design Weekend tamén organizou outra mostra, que estivo na sede da Fundación Pedro Barrié de la Maza ata o pasado 29 de agosto. O mellor deseño do ano quixo abranguer o mellor do acervo cultural da nosa terra en termos de deseño, para poder ser visto e apreciado en calquera parte do mundo e con textos explicativos de cada peza en galego.

Outra mostra recolleu o mellor deseño galego premiado en diferentes certames

Así, na mostra expúxose o mellor deseño galego premiado en diferentes certames de recoñecido prestixio como os ADG Laus de Deseño Gráfico e Comunicación Visual, os ADI de Deseño Industrial, os Arquin-FAD de Arquitectura e Interiorismo, os Premios Paraugas e os Premios Galicia de Innovación e Deseño, entre outros.

Festival de deseño pioneiro 

Organizado polo Clúster da Comunicación de Galicia e a axencia Follow coa Asociación Galega de Deseño (DAG) como socia, o Galicia Design Weekend tamén conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-2022 e da colaboración da Axencia Galega de Innovación (Gain), o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña e a Deputación da Coruña. Tamén colaboran co festival a Fundación Barrié, a Fundación Luis Seoane, a Fundación DIDAC, o FAD, DICE, Verde e Miraveo.

Galicia Design Weekend
Artículo anterior
3ª edición de Flúor

Comienza la cuenta atrás para la 3ª edición de Flúor, el Congreso Atlántico de Marketing Digital

Siguiente artículo
Bonilla a la Vista

Nuevas campañas de Wise para DomusVi España, Showa Denko Internacional y Bonilla a la vista