O encontro do deseño galego adiántase á primavera

Foto: Manuel G. Vicente

O encontro do deseño galego terá lugar o 25 de abril no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol)


REDACCIÓN


Logo de seis edicións coincidindo co Día Mundial do Deseño Industrial a finais de xuño, o Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia muda a súa celebración ao mes de abril para conmemorar o Día Internacional do Deseño.

Este evento, promovido pola Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación, terá lugar o 25 de abril no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol), co obxectivo de seguir abrindo canles de contacto e colaboración entre profesionais do deseño e empresas galegas.

Nesta edición ponse o foco na relación que existe entre o deseño, a tecnoloxía e o impacto económico, en liña coas prioridades do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA da Xunta de Galicia, no marco do cal se celebra o encontro.

Nesta edición ponse o foco na relación que existe entre o deseño, a tecnoloxía e o impacto económico

As persoas participantes terán ocasión de coñecer a visión de profesionais de distintas disciplinas do deseño sobre a súa interacción actual e futura coa tecnoloxía e sobre como esta simbiose impacta no desenvolvemento económico.

Uqui Permui e os fundadores do estudio Costa, Dani Bembibre e David Silvosa, todos eles gañadores na última edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño nas categorías de profesionais e empresas, explorarán o propósito do deseño e a súa capacidade para xerar desenvolvemento social e económico.

A deseñadora de produto dixital Carmen Bouza defenderá a arte de divagar como forma de pensar diferente para poder innovar.

A ligazón de deseño e tecnoloxía ao servizo da experiencia de usuario será obxecto de análise por parte de Rosa Seoane, de ABANCA, e Javier Cañada, de Visual MS, empresa finalista na categoría de pemes innovadoras dos Premios Galicia de Innovación e Deseño 2023.

Inscrición aberta

A cita está aberta á inscrición para profesionais do deseño de todas as áreas de especialización (gráfico, estratéxico, de espazos, dixital, de moda e industrial e de produto), estudantes e representantes de empresas e outras entidades interesadas en potenciar o deseño e a tecnoloxía como ferramentas de innovación, competitividade e sostibilidade nas súas organizacións.

Artículo anterior

Recados Carmen gana el premio al Mejor Anuncio Publicitario en los Mestre Mateo

Siguiente artículo

Hijos de Rivera centra la campaña de B Corp en sus trabajadores