O deseño xa ten o seu código deontolóxico

código deontolóxico

A READ aprobou o seu Código Deontolóxico por unanimidade o 11 de marzo na súa asemblea xeral


REDACCIÓN


A Rede Española de Asociacións de Deseño (READ) aprobou por unanimidade o 11 de marzo, durante o transcurso da súa asemblea xeral anual que se celebrou en Soria, o seu Código Deontolóxico, todo un fito no sector se se ten en conta que é o primeiro que ten este colectivo en España.

O documento é o resultado dun arduo traballo que comezou no ano 2014 coa constitución dun grupo, encabezado polo deseñador, docente e filósofo Toni Mañach, encargado de elaborar un manual de boas prácticas.

Pois ben, oito anos despois, os deseñadores xa teñen o seu código deontolóxico. O texto bebe da filosofía daquel manual (que incluía un decálogo ético para a práctica do deseño) e que recolle as achegas dos membros de todas as asociacións de READ e conta coa implicación de destacados profesionais vinculados ao sector.

Defender a profesión, fomentar o deseño universal e deseñar con perspectiva de xénero son tres dos obxectivos do código deontolóxico de READ

Defender a profesión e non realizar accións que poidan prexudicala, aplicar e fomentar o deseño universal, inclusivo e accesible; deseñar con perspectiva de xénero, promover o desenvolvemento sostible e fomentar a economía local tentando traballar con provedores próximos, son algúns dos puntos daquel primeiro decálogo.

De aplicación inmediata

“Contamos cunha ferramenta que unifica e enxalza os valores dos e as profesionais do deseño”, explican desde a asociación sobre o código ético que terá aplicación inmediata nos procesos de traballo dos diseñadores.

O código deontolóxico da READ materialízase en cinco capítulos e en 52 artigos e para a súa elaboración tomáronse en conta, analizáronse e valoraron un total de 24 códigos éticos de asociacións de todo o mundo.

A READ realizou unha enquisa entre os deseñadores para obter un mapa dos referentes internos e externos que socnfiguran aos profesionais do deseño español

Na súa presentación, Toni Mañach explicou que o documento “non é o fin de nada, senón un inicio”. “Convertemos os principios das éticas aplicadas e os principios básicos que debe seguir calquera código deontolóxico en regras. Algo tan ‘sinxelo’, non se fixo ata agora”, dixo. Lograr que o código deontolóxico sexa unha ferramenta educativa e pedagóxica para os estudantes será agora o seguinte paso da READ.

Por outra banda, a READ, no seu afán por promover e facer máis visible a actividade do sector e de fortalecer a posición dos seus profesionais no proceso creativo, acaba de lanzar unha enquisa entre os deseñadores cuxa finalidade é obter un mapa dos referentes internos e externos que configuran aos profesionais do deseño español. Se queres participar só tes que clickar aquí.

Raios ultravioletas para visibilizar ás deseñadoras

Reivindicar os logros e as traxectorias das profesionais do deseño e concienciar sobre as desigualdades e discriminacións que aínda sofren no sector centraron a orixinal campaña realizada por Gráficas en Negro con motivo do Día da Muller.

READ

O colectivo, que forma parte de READ, difundiu con motivo do 8-M unha acción aberta e participativa para demostrar que aínda hai moito que facer para conseguir a plena igualdade. Para demostralo, Gráficas en Negro lanzou a primeira luz ultravioleta sobre a Wikipedia. Así, o seu filtro detectou que a presenza de deseñadoras nesta plataforma non alcanza o 15% do total de artigos sobre profesionais do deseño gráfico e industrial. “Lanzamos un raio ultravioleta para rescatar do espectro invisible a grandes deseñadoras”, é unha das mensaxes da campaña.

Artículo anterior
Porto

El diseño tras las camisetas de fútbol: FC Porto

Siguiente artículo
Best!nFood22 Merluza de Burela

Amor al mar, la campaña de Merluza de Burela que llega a los Best!nFood22