Un ciclo da Axencia Galega de Innovación (GAIN) abordou o deseño sustentable a través dos materiais
S. ÁLVAREZ
Explorar as oportunidades de innovación que representan os novos materiais en relación con procesos que aumentan a vida útil dos produtos e reducen o impacto ambiental a través da recuperación, a reciclaxe e o ecodiseño foi o que fixeron os participantes no segundo workshop en formato híbrido que, no marco do ciclo Sustentabilidade e circularidade dos materiais, organizou a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN).
A sesión celebrouse o pasado 16 de xuño no Centro de Innovación e Servizos (CIS) Tecnoloxía e Deseño de Ferrol e durante a primera parte, que foi retransmitida online, representantes da empresa Lavelle Europe e da Asociación de Recicladores de Construcción e Demolición presentaron casos prácticos relativos a procesos de transformación dos materiais marcados pola sustentabilidade, sempre en aplicación da filosofía de economía circular.
A economía circular permite aforrar materias primas, din os expertos
Tras a presentación tivo lugar un taller práctico, xa de carácter presencial, a cargo da consultoría Materially no que tamén foi presentado un estudo estratéxico sobre exemplos de materiais a nivel internacional baseados no rescate de materias primas procedentes de materiais refugados e na optimización do uso de materias primas escasas, así como do consumo de enerxía necesaria para a producción.
A xornada estivo orientada a profesionais do deseño, da enxeñería e da construcción con interese pola aplicación de novos materiais e procesos innovadores.
En grupos
Os asistentes puideron manexar e valorar diversas mostras seleccionadas e participaron en dinámicas de traballo grupal para propoñer ideas de aplicación alternativas nas que se puideran utilizar os materiais obxeto de análise.
A xornada comenzou cunha presentación a cargo de María José Mariño, da Axencia Galega de Innovación, e a primeira exposición foi a de Pablo Iglesias, de Lavelle Europe, quen falou sobre As alternativas para o desenvolvemento de composites máis sustentables.
A Axencia Galega de Innovación aposta pola reutilización nos procesos constructivos
Benito García, da Asociación de Recicladores de Construcción e Demolición (Arcodega), analizou O tratamento de residuos de construcción para a súa reutilización e os representantes de Materially, Unai Etxebarría e Iker Aguirre, dirixiron o taller.
Recuperación de recursos
O workshop, que a Axencia Galega de Innovación organizou a través da Materioteca de Galicia, abordou deste xeito os procesos de transformación dos materiais atendendo a dúas vertentes: o rescate de materias primas procedentes de materiais refugados e a optimización do uso de materias primas escasas e do consumo da enerxía necesaria para producir e utilizar novos materiais de forma máis sustentable.
O concepto baixo o que foi deseñado esta xornada de traballo estivo claro: a transformación é un proceso que se pode afrontar de formas moi diversas á hora de desenvolver un novo material, pero, desde a perspectiva da circularidade, debe enfocarse na recuperación de recursos refugados e na reducción do uso de materias primas e do consumo enerxético.