O deseño galego brilla na Bienal de La Habana

Na Bienal de La Habana (Cuba) están expostas ata o 28 de febreiro de 2025 unha selección de pezas icónicas do deseño galego no marco do proxecto Espirales Trasatlánticas


REDACCIÓN


Dende mediados de novembro, unha selección de pezas icónicas do deseño galego están expostas na Bienal de La Habana (Cuba) no marco do proxecto Espirales Trasatlánticas, que reúne a creadores e creadoras de Cuba, Brasil, Portugal, País Vasco e Galicia.

Ata o 28 de febreiro de 2025, pode contemplarse na Factoría Diseño da capital cubana unha escolma dos traballos de referentes históricos e actuais que formaron parte hai un ano da mostra Galicia. Procesos e formas na Porto Design Biennale.

O proxecto Espirales Trasatlánticas reúne a creadores e creadoras de Cuba, Brasil, Portugal, País Vasco e Galicia



Conferencia

Na semana da inauguración da exposición tamén foi impartida unha conferencia sobre a innovación en Galicia e a aposta pioneira que representa en España o Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA, promovido pola Xunta de Galicia coa colaboración da Fundación DIDAC.

David Barro presentou o libro Galicia. Procesos e formas e falou sobre o papel que o deseño tivo e ten para o fortalecemento económico de Galicia e para un desenvolvemento cultural innovador.

A presenza de Galicia neste evento de referencia internacional proxecta o apoio e o impulso da Xunta á arte, ao deseño e á artesanía.

O Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – Diferenza é un programa da Xunta de Galicia promovido a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN).

Artículo anterior

El sector de la comunicación despide el 2024 con un brindis navideño

Siguiente artículo

La Luna de Atrevia realiza su primera campaña para el Grupo Social ONCE