comunidade innovadora

O deseño contribúe a crear unha comunidade innovadora e competitiva

No marco do Programa de Deseño para a Innovación da Xunta de Galicia, iniciouse hai uns meses un proceso de reflexión colectiva e intersectorial que permitirá configurar o marco no que o deseño pode contribuír do xeito máis eficiente unha comunidade innovadora e competitiva en Galicia.

Este proxecto denomínase «Deseño para a transformación. Fundamentos para un Deseño Galego de FuturoÅh e ten como principal obxectivo desenvolver un manifesto e uns principios de innovación desde o deseño para Galicia.

⇑ Imaxe do primeiro taller, celebrado en xullo no taller de Arturo Álvarez, en Vedra.

Ademais de Alberto Barreiro, consultor, profesor e codeseñador do programa Become de Kaospilot, o proxecto está liderado por Stef Silva, deseñadora experta no método Futures Thinking, que consiste en anticipar necesidades de futuro e posibles solucións desde o deseño. Como colaboradores participan grandes profesionais de referencia no sector como Carola Verschoor, Nuria Carballo e Manuel Vázquez, ademais de David Barro. 

O grupo estratéxico de deseño para a transformación está formado por profesionais galegos de referencia a nivel internacional e por representantes da Asociación Galega de Deseñadores (DAG) e do Clúster de Comunicación de Galicia. Pola parte empresarial participan empresas galegas tractoras en deseño e innovación: D-Due, Inditex, Paco & Lola, Tattoo Contract, By Arturo Álvarez e FINSA, ademais dun grupo de emprendedores. A Administración autonómica está representada pola Fundación Artesanía de Galicia e pola Axencia Galega de Innovación (Gain), como coordinadora do proceso. O grupo complétase con varios artistas galegos e profesionais do ámbito educativo.

Ao longo deste ano celebráronse tres talleres nos que se sentaron as bases do proceso de reflexión, que culminará en 2021, despois da celebración do último dos talleres.

Artículo anterior
Certame de Materiais Innovadores

O Certame de Materiais Innovadores de Galicia celebra a súa primeira edición

Siguiente artículo
Materioteca de Galicia

A Xunta dixitaliza a Materioteca de Galicia