O Clúster do Ecommerce Galego organiza esta xornada para o xoves 29 de setembro en Pontevedra, coa colaboración do Clúster da Comunicación de Galicia
CARLOS B. TORRADO
O Congreso Atlántico de Marketing Dixital Flúor foi o lugar da presentación do Clúster do Ecommerce Galego, unha entidade empresarial que ten como obxectivo incentivar, apoiar e promover o desenvolvemento económico do comercio electrónico. Baixo esta misión, o Clúster organiza a súa primeira xornada aberta coa colaboración do Clúster da Comunicación de Galicia, baixo o nome de Ecommerce Day – O día do Comercio Dixital, que terá lugar o xoves 29 de setembro no Pazo de Mugartegui, en Pontevedra.
Esta xornada ten como obxectivo mostrar os cambios que se introducirán na nova versión de Google Analytics e estudar de primeira man as novas métricas predictivas e aqueles casos de éxito do noso territorio.
Estrutura e programa da xornada
A xornada comezará ás 09:30 h, coa inauguración e recollida das acreditacións. A primeira intevención tratará sobre CRO, baixo o nome Verdades e mitos sobre a conversión dun ecommerce. Como analizalo e encontrar as claves para optimizalo, da man de Pablo López, de Hacce.
Ás 11:00 h será o turno do Live Shopping en Unha nova ferramenta de venda online, nacional e internacionalmente. O caso Chino; coa intervención de Mi Tan, Sanferar SL, que dará paso a la pausa café de 11:30 h a 11:45 h.
Despois de esta pausa, o protagonista será Google Analytics 4, baixo o título Impulsa a túa data a un novo nivel e converte a túa analítica en novas oportunidades, con Javier Galán de Improving Metrics como ponente.
A xornada continuará cun caso de éxito: Don Disfraz, en Como convertir un negocio local nun dos maiores ecommerce nacionales do sector, con Lía Novoa e Noelia Saborido; que darán paso á pausa das 14:00 h.
As 16:00h cruzaremos fronteiras a través Do DTC e o Ecommerce nos USA, nunha ponencia de Juan M. Muñoz, CEO de Artichoke co título De como un país de granxeiros creou o Marketing Directo.
O Clúster do Ecommerce Galego ten como obxectivo incentivar, apoiar e promover o desenvolvemento económico do comercio electrónico
Tamén terá o seu protagonismo Google Ads, na intervención de Katerina Rodríguez de Redegal, con Secretos e trucos de Google Ads para impulsar o teu ecommerce. Mellores prácticas e novidades nas campañas, ás 16:30 h.
O peche da xornada será da man de Adrián Aira, de Marketing4eCommerce, cunha intervención adicada ás Social Ads, en Saca vantaxes das RRSS e fai que o teu ecommerce creza grazas a Instagram. O caso de éxito final terá a Natalia Magán de Krack como ponente, baixo o nome de Como facer para que un ecommerce sexa rentable, que dará lugar ao fin deste Ecommerce Day ás 19:30 h.
Inscricións e prezos
Para reservar a túa plaza no Ecommerce Day é necesario cubrir un formulario na páxina do evento. Trátase dunha actividade presencial, na que as empresas socias do Clúster do Ecommerce Galego e do Clúster de Comunicación de Galicia poderán acceder de maneira gratuíta. No caso de asistentes que non pertenzan ao Clúster e que non teñan invitación, o prezo por persoa será de 60 euros.