O Clúster da Comunicación organiza un afterwork online para mellorar a presenza da nosa marca na TV

O encontro dixital terá lugar mañá ás 19:30 horas da man de Jacobo Domínguez, de Anjaai PR Consulting e Aitor Pilán de Miguel, de Laberit


REDACCIÓN


Non é ningún secreto que cada vez é máis difícil conectar coa nosa audiencia. Por iso, o Clúster da Comunicación de Galicia organiza unha nova sesión dos seus Afterwork At Home, baixo o título Como ter presenza e mellorar a túa comunicación en TV. Nesta ocasión, os encargados de liderar este afterwork serán Jacobo Domínguez, socio-director de Anjaai PR Consulting, e Aitor Pilán de Miguel, director de comunicación de Laberit. A sesión desenvolverase mañá, 21 de xuño, a partir das 19:30 horas.

A través das súas intervencións, explicarán como a aparición noticiada en medios televisivos pode provocar un aumento da reputación e o prestixio dunha marca. Mesmo a día de hoxe, onde as empresas teñen que enfrontarse á unha audiencia hipersegmentada e o consumo maioritario de vídeos é en móvil, o subconsciente do espectador segue dando unha grande importancia á aparición de noticias e reportaxes en determinados programas.

En definitiva, Jacobo Domínguez e Aitor Pilán de Miguel explicarán aos asistentes como os equipos comerciais deben ter en conta á TV como un medio eficaz e rendible á hora de establecer a súa estratexia de comunicación.

A TV: unha porta de entrada esencial para crear unha boa imaxe de marca

A validez do contido publicity enmarcado dentro dunha estratexia de aumento de reputación e prestixio é unha dos investimentos máis rendibles en comunicación. Aínda que non traen venda directa, si melloran a entrada e o peche de operacións polo manido ‘vinche esta fin de semana no informativo’. É unha maneira moi efectiva de darse a coñecer entre futuros clientes ao mesmo tempo que mellor a reputación entre os contactos xa establecidos.

As informacións corporativas e as aparicións noticiadas son estratexias moi eficaces á hora de xerar conversación e prestixio arredor dunha marca

Así, conseguir noticiar informacións corporativas e levalas a determinadas xanelas televisivas vai ir sempre en mellora constante da imaxe das corporacións que así o fagan. A pesar de que TV pode parecer un medio desfasado, segue a ser un vehículo cun gran potencial na audiencia.

Afterworks At Home: aprendizaxe profesional dende casa

O Clúster da Comunicación de Galicia puxo en marcha os Afterworks At Home durante a pandemia, como medio de aprendizaxe e networking dende a casa ou a oficina. Estes encontros dixitales celébranse a través da plataforma de eventos VIDIV, que permite que os asistentes interactúen cos expertos dun xeito doado. Tan só é necesario crear un perfil cunha imaxe persoal ou co logo da empresa.

Trátase dunha actividade totalmente gratuíta, e podes formalizar a túa inscrición aquí.

Artículo anterior

Convocados os III Premios Galicia de Innovación e Deseño

Siguiente artículo
River Plate

El diseño tras las camisetas de fútbol: River Plate