O Clúster da Comunicación reivindicará o valor da marca no Encontro da Toxa



A entidade participará en dúas mesas redondas da edición de 2026, que se celebrará os días 16 e 17 de xullo baixo o lema Galicia ante unha nova realidade


REDACCIÓN


O Encontro da Toxa celebrará os próximos 16 e 17 de xullo unha nova edición consolidado como un dos principais foros de diálogo entre o tecido empresarial galego, o ámbito académico e as administracións públicas.

Organizado por CESUGA, o evento desenvolverase no Pavillón de Congresos e Exposicións da Toxa baixo o lema “Galicia ante unha nova realidade”, co obxectivo de analizar os retos económicos, sociais e empresariais que afronta a comunidade.

O Clúster da Comunicación de Galicia volverá colaborar activamente na programación para reivindicar o papel estratéxico da comunicación, a creatividade e a reputación

Nesta edición, o Clúster da Comunicación de Galicia volverá colaborar activamente na programación para reivindicar o papel estratéxico da comunicación, a creatividade, a reputación e a construción de marca como factores clave para mellorar a competitividade das empresas e reforzar o posicionamento de Galicia.

O Clúster adquire peso no Encontro da Toxa

A participación do Clúster materializarase en dúas mesas redondas que reunirán representantes de empresas e axencias de referencia.

A primeira delas, “Do contido á influencia. Como está cambiando a comunicación”, celebrarase o xoves 16 de xullo ás 15.30 horas na Sala CESUGA. O debate contará coa participación de Sheila Nogueira, brand manager de Krack; Fátima Carmena, directora da axencia Nasas; Domingo Torrón, CEO de Reclam; e José Manuel Regueiro, socio director de Grupo Raíz. A moderación correrá a cargo de Néstor Gándara, director creativo de Recados Carmen.

A participación do Clúster materializarase en dúas mesas redondas que reunirán representantes de empresas e axencias de referencia

Xa ás 18.30 horas, na Sala A Toxa, terá lugar a mesa «Galicia compite polo relato: reputación, marca e comunicación», na que intervirán María Canle, directora de Comunicación e Marketing de El Pulpo; Vanessa Ocando, directora de Marketing de Nueva Pescanova; Pepe Cabanas, chief marketing officer de Hijos de Rivera; e o director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles. O coloquio será moderado por Marta Ferro, delegada de Forbes Galicia e presidenta do Clúster da Comunicación de Galicia.

A organización lembra que a asistencia ás conferencias e mesas redondas é gratuíta, aínda que é necesario formalizar a inscrición previamente a través da páxina web do encontro.

Artículo anterior

Heidelberg refuerza su apuesta por el mercado de etiquetas con la reincorporación de Gallus

Siguiente artículo

Nasas impulsa nuevas campañas con propósito y anuncia su Probono 2026