Unha declaración de intencións que marca o inicio da nova etapa do Clúster
REDACCIÓN
O Clúster da Comunicación de Galicia estrea nova imaxe. Esta nova identidade visual representa o que é o Clúster agora pero tamén o que quere chegar a ser, como marca propia e en representación de todas e todos os profesionais que forman parte dela.
“Con este cambio ábrese camiño cara novos obxectivos, o de potenciar aínda máis a creatividade e innovación para mellorar a competitividade de todo o sector. A través desta identidade fala unha marca comprometida e orgullosa do traballo propio e alleo, que comparte, conecta, conversa, participa activamente, gusta e sorprende”, sinalan dende a entidade.
O talento no centro
Un dos obxectivos desta nova etapa que inicia o Clúster da Comunicación de Galicia é situar ao talento no centro. Un dos elos da misión que persigue, reflicten, “chegar a ser aínda mellores”. “Os nosos esforzos por comunicar máis e mellor, tamén a través desta nova identidade, representan o noso firme compromiso por sumar en positivo ao noso sector e á sociedade. É toda unha declaración de intencións“, apuntan.
Esta nova identidade visual representa o que é o Clúster agora pero tamén o que quere chegar a ser
O Clúster é unha marca aberta e colaborativa. Unha asociación de asociacións que reúne a 233 empresas, profesionais, centros tecnolóxicos e de formación que se dedican á comunicación. O Clúster da Comunicación de Galicia conta coa certificación de Asociación Empresarial Innovadora (AEI), outorgada polo Ministerio de Industria e Turismo.