O metaverso será o protagonista do novo encontro online do CIS de Tecnoloxía e Deseño, que terá lugar este 25 de outubro ás 09:30 horas
REDACCIÓN
Non hai dúbida de que o metaverso é o gran protagonista destes últimos meses no mundo online. Trala aposta de Mark Zuckerberg e a súa empresa (Meta) polo metaverso, non deixamos de escoitar este termo en redes sociais, noticias e artigos. Este tema, xa de carácter universal, aínda garda numerosas incógnitas e preguntas sobre a súa utilidade no mundo empresarial e as consecuencias do seu uso.
Por este motivo, o CIS de Tecnoloxía e Deseño de Ferrol organiza un encontro online con profesionais e expertos na materia, coa intención de obter as respsostas adecuadas ás diversas preguntas que xorden no contorno empresarial cando falamos do metaverso: que é realmente? hai un metaverso ou hai moitos? xa podemos utilizalo? interesa á miña empresa comezar a traballar no Metaverso?
Programa e ponentes da xornada
O encontro celebrarase de manera virtual este martes 25 de outubro ás 09:30 horas, con toda unha serie de relatores de primeiro nivel como Manuel Meijide de Ilux; Diego Asorey de Kendra, Antonio Comesaña de Algabit; Noemí Brito e Mónica Rodríguez de KPMG Abogados; Alex Rivas de Skydream e Ramón Suárez, de ivigo.es.
A presentación da xornada virá da man de Mª José Mariño, directora da Área de Centros da Axencia Galega de Innovación. A estrutura do programa realizarase arredor de preguntas e conceptos clave como Que entendes por metaverso?, A economía no metaverso, Necesidades tecnolóxicas, Centralizados ou descentralizados, Seguridade legal e económica ou Ciberseguridade; entre outros. Tras finalizar estes temas centrais, terá lugar a mesa de debate.
CIS de Tecnoloxía e Deseño organiza unha mesa de debate con expertos en temas relacionados co metaverso
Os asistentes á mesa de debate poderán propoñer novos temas e plantexar novas preguntas ós relatores, enriquecendo o debate. Para poder participar é necesario realizar unha inscrición gratuíta na páxina do CIS adicada a este evento, completando un pequeno formulario.